Inicio

Benvido a SEGATUR.

SEGATUR. A primeira empresa galega de creación de sendeiros de calidade.
Dende 1992

A nosa empresa é o referente en Galicia nas rutas sendeiristas de calidade, con produtos e servizos altamente especializados, respectando a contorna natural e mimando os detalles que dan valor aos sendeiros.
Está inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turisticas da Xunta de Galicia NR-PO-421.

Novas

Datos de contacto:
www.segatur.es
info@segatur.com
facebook.com/SEGATUR

Telf./Fax: +34 886 11 70 11
Móbil (só chamadas urxentes): +34 654 165 730
Enderezo postal:
Rúa Barcelona 53 – 2ºB
Apdo. 5430 – 36200 VIGO – GALICIA

Estamos abertos en horario comercial
Pechamos por vacacións do 15 ó 31 de agosto.

Incorporamos aplicación para orzamentos

Co fin de orientar ós nosos clientes, incorporamos unha aplicación para facer estimacións dos custes de crear unha ruta homologada. Consideren que os resultados son aproximados, xa que as características de cada ruta non poden ser contempladas nun simple formulario. Para calquera dúbida, contacten con nós nos nosos enderezos electrónicos. Acceder a orzamentos aquí.

Febreiro2020 – Reducimos o horario pero seguimos atendéndote.

Como sabedes, vivimos nunha crise sanitaria que xera situacións complicadas para todos. O novo andazo deste pasado Nadal está a deixarnos situacións máis comprometidas que antes. A posibilidade de contacto con persoas enfermas é máis real que nunca e todos, pero especialmente os que temos rapaces en idade escolar ou traballos máis abertos, temos máis …

Nova dotación na Ruta do Apego

Unha ruta accesible, pensada para pais e nais con cativos, que se pode facer co carriño, que ten ligazóns con QR para descubrir moitos vídeos,… unha gozada nun lugar ideal: Pontevea.