PR-G 212 – RUTA PONTE DO PORTO – PONTE ULLÓ
Ano Homologación: | 2017 | ||
Punto de partida/chegada: | Ponte do Porto / Ponte Ulló (ambos no Concello de Mañón). | ||
Lugar: | Concello de Mañón (A Coruña) | ||
Servizos: | en Mañón. | ||
Accesos: | Mañón | ||
Puntos de interese: | Ponte do Porto, Refuxio da Furada, ponte colgante, Ponte Ulló e Mañón. | ||
Máis información: | Concello de Mañón. Telf.: 981 414 002 |
||
www.manon.es | |||
IMPORTANTE: | Atención: os nenos deberían ser maiores de 10 anos para facer a senda, e sempre ir acompañados por adultos. | ||
Web da Comisión Europea: politica de desarrollo rural e FEADER |
RECOMENDACIÓNS PARA A RUTA
-
IMPORTANTE: Preste moita atención e non se confíe. Un tropezo pode xerar algunha caída grave.
-
Os nenos deberán ir sempre acompañados e protexidos por adultos. Hai zonas perigosas para os menores.
-
É conveniente ir sempre en grupo.
-
Non utilice as papeleiras dos refuxios xunto ó río Sor. Leve de volta tódolos seus refugallos e deposíteos sempre en contedores de recollida selectiva nas poboacións e vilas próximas.
-
Se atopa un valado ou un pechado para animais, por favor, déixeo aberto ou pechado tal como o atopou.
-
Parte do percorrido é transitable con bicicleta de montaña. Procure ser amable e ceda o paso aos camiñantes. Evite conducir agresivamente.
-
Sega os camiños sinalizados evitando pisar campos sementados ou erosionar outros terreos co seu paso.
-
A natureza ten os seus perigos: por favor utilice o sentido común e sexa precavido.
-
A ruta, en época de enchentes do río, podería ser perigosa ou impracticable e debería evitarse o seu tránsito.
CONSELLOS NA NATUREZA
-
Non atrape nin moleste aos animais, nin arrinque plantas, pois pode poñer en perigo especies únicas ameazadas así coma outras especies que dependan delas.
-
Non introduza ou estenda especies foráneas ou exóticas: poden ser moi prexudiciais para a contorna e para as especies autóctonas.
-
Evite facer ruído para non espantar aos animais ou molestar a outros visitantes. Se leva mascotas procure que non molesten a outros visitantes, aos animais salvaxes nin ao gando.
-
O lume destrúe moitos anos de vida e de paisaxe. Non prenda lume nin tire cabichas. Procure levar comida fría ou xa preparada.
-
Cando xere lixo, por favor léveo con vostede ata unha zona de recollida selectiva.
-
Non acampe por libre. Utilice os lugares apropiados para acampar.
-
Non acceda con vehículos fóra das estradas e pistas habilitadas para a circulación.
-
Aparque só nas zonas autorizadas e procure non estorbar o paso doutros vehículos.
-
A colaboración de todos é imprescindible para a conservación deste espazo. Goce da natureza con moito respecto e volva a descubrir esta contorna noutras épocas do ano.
DATOS DESCARGA LIBRE
O Río Sor, ao longo dos seus 49 quilómetros de percorrido, forma o nexo de unión entre as provincias da Coruña e Lugo, xa que discorre entrámbalas dúas durante case todo o seu leito. Neste tramo percorre o linde entre os concellos de Mañón e do Vicedo.
No seu discorrer, o Sor recolle as augas de multitude de pequenos afluentes, creando unha conca fonda, con vertentes verticais e meandros encaixados, moi diferente das suaves montañas e terras achandadas a diferentes alturas do seu arredor.
A Ponte do Porto. Esta antiga construción de orixe medieval, servía antano para que o Camiño Real puidese sortear o río Sor. Era a vía de comunicación entre Viveiro e Ortigueira, pertencentes cada unha delas ás primitivas provincias de Mondoñedo e Betanzos. A súa factura é de cantería con arcos de medio punto e no seu centro acada os dez metros sobre o nivel da auga.
O bosque de ribeira atlántico, case salvaxe, predomina nas beiras, enchendo a paisaxe de bidueiros, ameneiros, abeleiras, loureiros, castiñeiros e carballos, así como de moitas especies de distintos fentos. Protexido pola natureza, o río pode presumir de ser rico en peixes, posuíndo uns 16 quilómetros acoutados para a pesca deportiva.