PR-G 145 – RUTA DA MARRONDA – ALTO EO

PR-G 145 – RUTA DA MARRONDA – ALTO EO

Mapa PR-G 145Percorrido circular afastado dos grandes núcleos de poboación e das vías de comunicación relevantes, ofrece unha paisaxe rica nunha das zonas máis descoñecidas de Galicia. A Fraga da Marronda, de gran valor ecolóxico e cinexético, e o nacemento do río Eo son os protagonistas do camiño.

A Marronda constitúe un magnífico exemplo de fraga autóctona galega. Incluída na «Rede Natura 2000» e Reserva da Biosfera, é unha das máis importantes reservas de faias da Europa suroccidental.

Sendeiro homologado pola Federación Galega de Montañismo en 2011.


SITUACIÓN
Concello de Baleira (Lugo).


LONXITUDE/DURACIÓN
21’3 km / 7 horas e 30 minutos.


ACCESOS
Pola LU-0405, tomar o desvío cara a San Paio.


PUNTO PARTIDA/CHEGADA
Punto de partida: San Paio.
Punto de chegada: San Paio.


PERCORRIDO/PUNTOS DE INTERESE
San Paio, Pena da Raia, Monte da Marronda, Mendreiras, Miradoiro do Muíño do Ferreiro, A Cortevella, Río Eo, Capela da Pastora, Cabreira.


DIFICULTADE
Media-Alta.


SERVIZOS
No Cádavo, e en San Paio, Mendreiras e Cabreira.


SINALIZACIÓN
Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM e da FEDME. Existen varios paneis de información e moitas frechas. Marcas de pintura realizadas en 2011.


RECOMENDACIÓNS
Revisar en Wikiloc as visitas máis recentes para coñecer a súa situación de mantemento.


ANO HOMOLOGACIÓN
2011


MAÍS INFORMACIÓN
Concello de Baleira.
Tel.: 982 354 059
http://www.concellobaleira.es/
https://turismobaleira.es/


DATOS DESCARGA LIBRE

Nota: Agradecemos ó público usuario a colaboración na localización de posibles erros e/ou omisións. Remita o seu correo dende aquí