Creación de Sendeiros
Estamos especializados na creación de rutas BTT e de sendeirismo. Cada unha ten a súa normativa propia e o seu sistema de sinalización.
Os sinais de GR e PR son marcas rexistradas en España pola FEDME e ninguén as pode usar sen o seu permiso. En Galicia o permiso é xestionado a través da Federación Galega de Montañismo – FGM -.
PROCESO
- Idea ou deseño da ruta ou rede de rutas.
- Elaboración dun informe técnico denominado EDS (Estudo de Definición de Sendeiro) asinado por un Técnico galego con titulación FEDME e autorización da FGM (Federación Galega de Montañismo)
- Pagamento das taxas de homologación e revisións da FGM.
- Sinalización segundo normas vixentes de rutas sendeiristas homologadas.
- Revisión de final de obra e, se é positivo, comunicación á FGM para que realice a homologación.
- Revisión do técnico homologador da FGM e emisión do informe positivo.
- Publicación dos folletos da ruta segundo modelo normalizado FGM.
- Publicación de información na web.
Normas de Sendeirismo en Galicia
Listaxe de normativas relativas a sendeiros homologados no territorio competencial da Federación Galega de Montañismo.
Sendeiros en Galicia
Provincia da Coruña
Provincia de Lugo
Provincia de Ourense
Provincia de Pontevedra