PR-G 189 – RUTA DOS CASTROS DO IRIXO

PR-G 189 – RUTA DOS CASTROS DO IRIXO

Mapa PR-G 189

Desde O Irixo de Arriba ata Valdesoiro, o percorrido do carreiro visita lugares moi humanizados desde antigo. Hoxe, debido ao despoboamento, a natureza reclama o seu terreo e os bosques e plantacións silvícolas bordean o roteiro.

É un trazado suave que pasa polo derruído muíño de Valcobo, xunto ao río Coedo. Unha canle de auga achéganos ata a variante do carreiro que sobe ao Coto do Castro, onde quedan restos dos muros, pouco visibles, da muralla do Castro de Orros.

En Paredes, hai que facer un pequeno desvío para ver os restos do seu conxunto de hórreos. Logo, a senda descende ata Os Casares e, tras unha pequena costa, achegaranos a Valdesoiro.

Neste percorrido podemos atopar tradicionais hórreos mixtos construídos en pedra e madeira. Aquí, normalmente, non se apoian en pés, senón en cepas (muros ou pezas transversais, do mesmo ancho que a cámara) e poden ter teito de lousa ou de tella.


SITUACIÓN
Concello do Irixo (Ourense)


LONXITUDE/DURACIÓN
5’4 km + 1’2 km variante / 2 horas e 10 min.


ACCESOS
Desde O Carballiño pola OU-202, ou desde Lalín pola PO-202. Desviarse no Irixo ata Irixo de Arriba.


PUNTO PARTIDA/CHEGADA

Punto de chegada: Valdesoiro (Concello do Irixo).
Punto de partida: Irixo de Arriba (Concello do Irixo).


PERCORRIDO/PUNTOS DE INTERESE
Irixo de Arriba, río Coedo, Coto do Castro, Orros, igrexa de Santa Mariña da Cidá, Rego da Cidá, Paredes (conxunto de hórreos), Os Casares, Valdesoiro.


DIFICULTADE
Baixa


SERVIZOS
No Irixo.


SINALIZACIÓN
Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM e da FEDME. Existen varios paneis de información, en concreto en ambos inicios da ruta. Marcas de pintura realizadas en 2015.


RECOMENDACIÓNS
Atención: a ruta non é practicable en bicicleta nin a cabalo en todo o percorrido.


ANO HOMOLOGACIÓN
2015


MAÍS INFORMACIÓN
Concello do Irixo
Telf.: 988 287 400
http://www.oirixo.gal/


DATOS DESCARGA LIBRE