PR-G 254 RUTA DA LOBA DA FADA

PR-G 254 RUTA DA LOBA DA FADA

 

Galego (Estender)

A lenda da Loba da Fada

A lenda da Loba da Fada

Entre lusco e fusco dunha tarde desapracible de hai moitos anos, un rapaciño entretíñase, na escaleira do Dimas, enredando co cacho que debía ir levarlle á súa tía. Esta esperábao para asar as castañas e namentres ía quentando o caldo nun pote pendurado da gramalleira da lareira.

Ao ver que pasaba o tempo e o cativo non chegaba decidiu saír a buscalo. Non tardaron en comprobar que non aparecía por ningures e deseguida se organizaron para facer unha batida polos arredores. Foron varios os que sentiron un arrepío cando un veciño avisou de que había pingas de sangue no camiño que saía da aldea cara “Abelaído”.

Rapidamente se xuntaron homes e mulleres cargados con escopetas, forcadas, fouces e calquera ferramenta que servira como arma; temían que se repetise a desgraza doutras veces. Deseguida se confirmaron os negros presaxios, xa que os cans abandonaron o rastro e acubilláronse aos pés dos seus donos laiando e sen querer moverse, nin a golpes. Nisto sentiron o berro; alguén viña de atopar o braciño dereito do neno. Os máis piadosos estremecéronse e persignáronse varias veces seguidas. Diante deles estaba a proba de que ese monstro non era deste mundo, ese brazo non o levara a besta porque era o braciño co que se persignaba o neno.

Amedrentados pola reacción dos cadelos e xustificándose co que acababan de atopar, acordaron que xa non había nada que facer e que o mellor era volver ás súas casas e pedir pola ánima do último anxiño que acababa de quitarlles “a Loba da Fada”.

Só se atreveu a seguir o rastro un mozo, que había pouco volvera á aldea convalecente dunha ferida de guerra e que estaba máis acostumado a mirarlle aos ollos á morte que a maioría, e tiña gravada na mente a desesperación e a impotencia que sentían todos cada vez que a loba levaba a algún neno.

Despois de moito buscar, decidiu descansar nun dos sequeiros de Abelaído, nos que o lume estaba aceso toda a noite. Deixou a un lado a escopeta e a forcada que levaba e acubillouse nunha esquina do sequeiro.

Xa empezaba a topenear cando sentiu un golpe na porta. Espertou de todo e arrepióuselle o corpo ao ver que entraba unha loba enorme. Namentres decidía de que xeito atacala, viu como esta se arrimaba ao lume e ía quitando o pelello coas patas. Nos sitios onde estivera o pelo do animal aparecía a pel suave dunha muller.

O mozo colleu as peles coa forcada e lanzounas ao lume namentres a fera enrabiada botábase a el lanzando un ouveo que retumbou nos cavorcos e penedos de San Vicente. Furiosos e feridos ambos pelexaron a morte. A medida que os pelellos ardían ela ía perdendo as forzas e íase convertendo nunha fermosa moza de longa cabeleira e pel clara.

Contan que cando o lume queimou as peles da loba tamén consumiu o feitizo da fada que encadeaba a aquela muller.

E hai quen di que…

Datos técnicos

Ano Homologación: Homologado en 2021
Punto de partida/chegada: Vilamartín de Valdeorras.
Lugar: Concello de Vilamartín de Valdeorras (Ourense)
Servizos: en Vilamartín
Accesos: Pola N-120 dende Ourense e Monforte, e dende Ponferrada e o Barco de Valdeorras.
Puntos de interese: Vilamartín, Cernego, O Robledo, alvariza de Abelaído, San Vicente, a Ferrería, val de Leira, viñedos e covas, etc.
Máis información: Concello de Vilamartín de Valdeorras
Telf.: 988 30 00 01
www.vilamartindevaldeorras.es

Recomendacións para a ruta

RECOMENDACIÓNS PARA A RUTA

  • IMPORTANTE:

    • Sendeiro en zona de montaña.
      Preste moita atención e non se confíe.
      A ruta é bastante esixente.
      Teña coidado cos cativos.
      Hai zonas esvaradías; non se recomenda realizar a ruta con chuvia.
      Estea atento: a climatoloxía pode mudar facilmente.
      Teña moito coidado coas abellas. Hai numerosas colmeas no percorrido.

  • É conveniente ir sempre en grupo.

  • Leve de volta tódolos seus refugallos e deposíteos sempre en contedores de recollida selectiva nas poboacións e vilas próximas.

  • Se atopa un valado ou un pechado para animais, por favor, déixeo aberto ou pechado tal como o atopou.

  • Sega os camiños sinalizados evitando pisar noutros sitios ou erosionar outros terreos co seu paso.

  • A natureza ten os seus perigos: por favor utilice o sentido común e sexa precavido.

CONSELLOS NA NATUREZA

  • Non atrape nin moleste aos animais, nin arrinque plantas, pois pode poñer en perigo especies únicas ameazadas así coma outras especies que dependan delas.

  • Non introduza ou estenda especies foráneas ou exóticas: poden ser moi prexudiciais para a contorna e para as especies autóctonas.

  • Evite facer ruído para non espantar aos animais ou molestar a outros visitantes. Se leva mascotas procure que non molesten a outros visitantes, aos animais salvaxes nin ao gando.

  • O lume destrúe moitos anos de vida e de paisaxe. Non prenda lume nin tire cabichas. Procure levar comida fría ou xa preparada.

  • Cando xere lixo, por favor léveo con vostede ata unha zona de recollida selectiva.

  • Non acampe por libre. Utilice os lugares apropiados para acampar.

  • Non acceda con vehículos fóra das estradas e pistas habilitadas para a circulación.

  • Aparque só nas zonas autorizadas e procure non estorbar o paso doutros vehículos.

  • A colaboración de todos é imprescindible para a conservación deste espazo. Goce da natureza con moito respecto e volva a descubrir esta contorna noutras épocas do ano.

Datos para descargar

DATOS DESCARGA LIBRE (en elaboración)

Dicionario galego

Dicionario galego:

alvariza
Construción consistente nun muro, xeralmente circular, onde se garda un conxunto de colmeas.

cacho
Recipiente metálico con buratos no fondo que se utiliza para asar as castañas.

cavorco
Camiño fondo entre montañas por onde corre un regato.

gramalleira
Cadea que pendura dunha viga ou elemento similar situado no alto da lareira, cun gancho na parte inferior para suxeitar o pote sobre o lume.

sequeiro
Construción onde se pon a secar castañas, etc.

topenear
Dar cabezadas, mover ou caer a cabeza por efecto do sono, cando non está apoiada ou ben apoiada. SINÓNIMOS cabecear, cotelear, monear, moquear, toquear, toquenear.

 

Castellano - Español (Extender)

La leyenda de A Loba da Fada

La leyenda de A Loba da Fada

Durante el crepúsculo de una tarde desapacible de hace muchos años, un chiquillo se entretenía, en la escalera de Dimas, enredando con el “cacho” que debía llevarle a su tía. Esta lo esperaba para asar las castañas y mientras iba calentando el caldo en un pote colgado con una cadena sobre el hogar.

Al ver que pasaba el tiempo y el crío no llegaba decidió salir a buscarlo. No tardaron en comprobar que no aparecía por ningún lugar y en seguida se organizaron para hacer una batida por los alrededores. Fueron varios los que sintieron un estremecimiento cuando un vecino avisó de que había gotas de sangre en el camino que salía del pueblo hacia “Abelaído”.

Rápidamente se reunieron hombres y mujeres cargados con escopetas, horquillas, hoces y cualquier herramienta que sirviese como arma; temían que se repitiera la desgracia de otras veces. En seguida se confirmaron los negros presagios, ya que los perros abandonaron el rastro y buscaron protección a los pies de sus dueños gimiendo y sin querer moverse, ni siquiera a golpes. De pronto sintieron el alarido; alguien acababa de encontrar el bracito derecho del niño. Los más piadosos se sobresaltaron y se santiguaron varias veces sucesivas. Delante de ellos estaba la prueba de que ese monstruo no era de este mundo, ese brazo no lo había llevado la bestia porque era con el que se persignaba el niño.

Amedrentados por la reacción de los canes y justificándose con lo que acababan de encontrar, resolvieron que ya no había nada que hacer y que lo mejor era volverse a sus casas y pedir por el ánima del último angelito que acababa de quitarles “a Loba da Fada” (la Loba del Hada).

Sólo se atrevió a seguir el rastro un mozo, que hacía poco había vuelto al pueblo convaleciente de una herida de guerra y que estaba más acostumbrado a mirarle a los ojos a la muerte que la mayoría, y tenía grabada en la mente la desesperación y la impotencia que sentían todos cada vez que la loba se llevaba a algún niño.

Después de mucho buscar, decidió descansar en uno de los “sequeiros” de Abelaído, en los que el fuego estaba encendido toda la noche. Dejó a un lado la escopeta y la horquilla que llevaba y se acurrucó en una esquina del “sequeiro”.

Ya empezaba a cabecear cuando sintió un golpe en la puerta. Espabiló rápidamente y se sobresaltó al ver que entraba una loba enorme. Mientras decidía de que manera atacarla, vio como esta se arrimaba a la lumbre e se iba quitando las pieles con las patas. Bajo el pelo del animal aparecía la piel suave de una mujer.

El mozo cogió las pieles con la horquilla y las lanzó a la lumbre entretanto a fiera enrabiada se echaba a él lanzando un aullido que retumbó en los valles y montes de San Vicente. Furiosos y heridos ambos pelearon a muerte. A medida que las pieles ardían, la loba perdía sus fuerzas y se iba convirtiendo en una hermosa moza de larga cabellera y piel clara.

Cuentan que cuando el fuego quemó las pieles de la loba también consumió el hechizo del hada que encadenaba a aquella mujer.

Y hay quien dice que…

Datos técnicos

Año Homologación: Homologado en 2021
Punto de partida/llegada: Vilamartín de Valdeorras.
Lugar: Concello de Vilamartín de Valdeorras (Ourense)
Servicios: en Vilamartín
Accesos: Por la N-120 desde Ourense y Monforte, y desde Ponferrada y O Barco de Valdeorras.
Puntos de interes: Vilamartín, Cernego, O Robledo, colmenar “Alvariza de Abelaído”, San Vicente, A Ferrería, valle de Leira, viñedos y “covas”, etc.
Más información: Concello de Vilamartín de Valdeorras
Tel.: 988 30 00 01
www.vilamartindevaldeorras.es

Recomendaciones para la ruta

RECOMENDACIONES PARA LA RUTA

  • IMPORTANTE:

    • Sendero en zona de montaña.
      Preste mucha atención y no se confíe.
      La ruta es bastante exigente.
      Tenga cuidado con los menores.
      Hay zonas resbaladizas; no se recomienda realizar la ruta con lluvia.
      Esté atento: la climatología puede cambiar fácilmente.
      Tenga mucho cuidado con la abejas. Hay numerosas colmenas en el recorrido.

  • Es conveniente ir siempre en grupo.

  • Lleve de vuelta todos sus residuos y deposítelos siempre en contenedores de recogida selectiva en las poblaciones próximas.

  • Si encuentra una valla o un cercado para animales, por favor, déjelo abierto o cerrado tal como lo encontró.

  • Siga los caminos señalizados evitando pisar en otros sitios o erosionar otros terrenos con su paso.

  • La naturaleza tiene sus peligros: por favor utilice el sentido común y sea precavido.

CONSEJOS EN LA NATURALEZA

  • No atrape ni moleste a los animales, ni arranque plantas, pues puede poner en peligro especies únicas amenazadas así como otras especies que dependan de ellas.

  • No introduzca o extienda especies foráneas o exóticas: pueden ser muy perjudiciales para el ambiente y para las especies autóctonas.

  • Evite hacer ruido para no espantar a los animales o molestar a otros visitantes. Si lleva mascotas procure que non molesten a otros visitantes, a los animales salvajes ni al ganado.

  • El fuego destruye muchos años de vida y de paisaje. No encienda fuego ni tire colillas. Procure llevar comida fría o ya preparada.

  • Cando genere basura, por favor llévela con usted hasta una zona de recogida selectiva.

  • No acampe por libre. Utilice los lugares apropiados para acampar.

  • No acceda con vehículos fuera de las carreteras y pistas habilitadas para la circulación.

  • Aparque solo en las zonas autorizadas y procure no estorbar el paso de otros vehículos.

  • La colaboración de todos es imprescindible para la conservación de este espacio. Goce de la naturaleza con mucho respeto e vuelva a descubrir este paisaje en otras épocas del año.

Datos para descargar

DATOS DESCARGA LIBRE (en elaboración)

Diccionario gallego

Diccionario gallego:

alvariza
Construcción consistente en un muro, generalmente circular, donde se guarda un conjunto de colmenas.

cavorco
Valle bastante hondo entre montañas por donde corre un arroyo.

sequeiro
Construcción donde se ponen a secar castañas, etc.