PR-G 141 – RUTA DO OURO E DO CAMIÑO REAL

PR-G 141 – RUTA DO OURO E DO CAMIÑO REAL

PANEL PR-G 141
PANEL PR-G 141

Ruta circular (no Concello de Quiroga) que comeza na aldea de Margaride, xunto ó antigo complexo mineiro romano das Covas do Medo.

Ascendemos por un estreito camiño ata a aldea das Covas. Despois, por unha pista forestal de forte pendente, chegaremos ata o cumio onde atópanse os restos de Castro Dares e un miradoiro que ofrece unha marabillosa vista sobre o río Sil, o val de Quiroga e os cumios de arredor.

Mediante pequenos descensos chegamos ata o Camiño Real, agora sinalizado tamén como Camiño de Inverno.

Logo pásase preto do lugar de Riomaior. En dirección ó Carballo de Lor chégase a unha vella ponte co topónimo do Pontón do Rigueiro. Volveremos a Margaride a través do antigo Camiño da Misa.


SITUACIÓN
Margaride de Lor – Quiroga (Lugo)


LONXITUDE/DURACIÓN
16 km / 5 horas e 20 minutos.


ACCESOS
Dende a estrada N-120, entre Monforte e Quiroga. Tomar desvío a Margaride.


PUNTO PARTIDA/CHEGADA
Punto de partida: Margaride de Lor – Quiroga (Lugo).
Punto de chegada: Margaride de Lor – Quiroga (Lugo).


PERCORRIDO/PUNTOS DE INTERESE
Margaride, complexo aurífero do Medo, Castro Dares, Camiño Real, Capela dos Remedios, Igrexa de Quintá do Lor, Capela de Sto. Vicente e Margaride.


DIFICULTADE
Media-Alta.


SERVIZOS
En Quiroga e xunto á estrada N-120.


SINALIZACIÓN
Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM e da FEDME. Existen varios paneis de información e moitas frechas. Marcas de pintura realizadas en 2010.


RECOMENDACIÓNS
Ruta practicable en bicicleta e cabalo.
Hai tramos complicados.


ANO HOMOLOGACIÓN
2010


MÁIS INFORMACIÓN
Concello de Quiroga.
Tel.: 982 428 001
Información da senda: PR-G-141 Ruta do Ouro e do Camiño Real
Contacto Concello Quiroga – https://concellodequiroga.com/contacto/


DATOS DESCARGA LIBRE

Nota: Agradecemos ó público usuario a colaboración na localización de posibles erros e/ou omisións. Remita o seu correo dende aquí