PR-G 146 RUTA CASTELO DE CERVEIRA

PR-G 146 CASTELO DE CERVEIRA

Actuación con financiamento da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia

Ano Homologación: En proceso de homologación – 2018
Punto de partida/chegada: Pradoalbar (Concello de Vilariño de Conso).
Lugar: Concello de Vilariño de Conso (Ourense)
Servizos: en Vilariño de Conso.
Accesos: Dende a Gudiña pola estrada cara a Vilariño de Conso (OUR-CU-346) e desviarse a Pradoalbar.
Dende a Rúa pola OU-533 ata Viana do Bolo. Desviarse en dirección á Vilariño de Conso e continuar ata Pradoalbar.
Puntos de interese: Pradoalbar, río Cerveira, Ponte Romana, Castelo de Cerveira.
Máis información: Concello de Vilariño de Conso.
Telf.: 988 340 302
www.vilarinodeconso.es

RECOMENDACIÓNS PARA A RUTA

  • IMPORTANTE: Sendeiro en zona de montaña. Preste moita atención e non se confíe. A ruta está a cotas superiores a 1000 metros e a climatoloxía pode mudar facilmente.

  • É conveniente ir sempre en grupo.

  • Leve de volta tódolos seus refugallos e deposíteos sempre en contedores de recollida selectiva nas poboacións e vilas próximas.

  • Se atopa un valado ou un pechado para animais, por favor, déixeo aberto ou pechado tal como o atopou.

  • Sega os camiños sinalizados evitando pisar noutros sitios ou erosionar outros terreos co seu paso.

  • A natureza ten os seus perigos: por favor utilice o sentido común e sexa precavido.

CONSELLOS NA NATUREZA

  • Non atrape nin moleste aos animais, nin arrinque plantas, pois pode poñer en perigo especies únicas ameazadas así coma outras especies que dependan delas.

  • Non introduza ou estenda especies foráneas ou exóticas: poden ser moi prexudiciais para a contorna e para as especies autóctonas.

  • Evite facer ruído para non espantar aos animais ou molestar a outros visitantes. Se leva mascotas procure que non molesten a outros visitantes, aos animais salvaxes nin ao gando.

  • O lume destrúe moitos anos de vida e de paisaxe. Non prenda lume nin tire cabichas. Procure levar comida fría ou xa preparada.

  • Cando xere lixo, por favor léveo con vostede ata unha zona de recollida selectiva.

  • Non acampe por libre. Utilice os lugares apropiados para acampar.

  • Non acceda con vehículos fóra das estradas e pistas habilitadas para a circulación.

  • Aparque só nas zonas autorizadas e procure non estorbar o paso doutros vehículos.

  • A colaboración de todos é imprescindible para a conservación deste espazo. Goce da natureza con moito respecto e volva a descubrir esta contorna noutras épocas do ano.

DATOS DESCARGA LIBRE

O coñecido como Castelo de Cerveira, e tamén coma Castro de Cerveira, está situado nun cumio illado no fondo do val de Pradoalbar e, polo tanto, pertence ao Macizo Central Ourensán. A súa orixe non está ben definida, xa que atribúese á época castrexa, á época romana e incluso á época medieval. A orixe máis probable é a dunha fortificación de época romana pola forma da súa construción e lonxitude da muralla. Os restos da mesma, construída por rochas de lousa, están ben conservados nalgúns tramos. Dentro da muralla pódense atopar vestixios de cabanas e restos de habitáculos construídos co mesmo tipo de rocha.

O acceso a estes restos arqueolóxicos é a través deste camiño (PR-G 146) que sae da aldea de Pradoalbar cara á serra ata o Corgo de Berganzo. Logo, fóra da ruta homologada, a ascensión continúa por un carreiro moi empinado e dificultoso, non apto para tódolos camiñantes.