Quen somos?

Quen somos?

SEGATUR é a primeira e máis recoñecida empresa galega de SENDEIRISMO e a que traballa con máis Técnicos de Sendeiros titulados pola Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME).
A nosa empresa é o referente en Galicia nas rutas sendeiristas de calidade, con produtos e servizos altamente especializados, respectando a contorna natural e mimando os detalles que dan valor ós sendeiros.
Está inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turisticas da Xunta de Galicia NR-PO-421.

A empresa iniciou as súas actividades no ano 1992, con tres ideas básicas:
1ª) Centrar a súa actividade en todo tipo de servizos e asistencias técnicas relacionadas co turismo e en especial co sendeirismo.
2ª) Crecer de forma controlada. Dende a súa constitución o dimensionamento sempre foi controlado, en xeral ascendente, baseado sempre na posibilidade de realizar os traballos de acordo co persoal e medios dispoñibles.
3ª) Manter un cadro de recursos humanos suficiente, axustado e eficaz que se sinta vinculado á empresa e apoiado por esta, á vez que fortemente comprometido para acadar os obxectivos que en cada caso se fixan.
SEGATUR optou pola especialización e é a primeira empresa galega que ten Técnicos Titulados en Sendeirismo pola FEDME. Isto, unido á capacidade de deseñar, fabricar, instalar, conservar e manter os sinais e os sendeiros que ofertamos, convértenos hoxe nunha empresa de características inigualables en toda Galicia.

Tamén rutas BTT:
Debido a unhas colaboracións estratéxicas con empresas de fóra de Galicia, dende 2008, importamos unha forma de entender as rutas para bicicletas de montaña (BTT) que principalmente estaban restrinxidas a zonas mediterráneas de forte tirón turístico. Pero Galicia agora posúe tamén estes Centros BTT que tan bo resultado están acadando. Somos a empresa pioneira en Galicia neste produto apoiado dende Turismo de Galicia e dispoñemos de materiais e coñecementos sobrados para implantar estes percorridos coa máxima garantía.

Medios e equipos

EQUIPOS DE MEDICIÓN E NAVEGACIÓN
Posuímos un variado conxunto de equipamentos para a medición e navegación: múltiples GPS’s, altímetros, compases magnéticos de precisión, rodas topográficas, etc.
Dispoñemos dunha ampla cartografía actual e histórica en papel e da totalidade de Galicia en formato dixital para uso interno.
Software especializado para traballar con planos, SIX (GIS), calibración de fotografía aerea, creación de modelos e planos en 3 dimensións, e elaboración de planimetría propia.

EQUIPOS DE ACTUACIÓN
Ordenadores portátiles, PDA con GPS, e potentes equipos informáticos de oficina, cámaras analóxicas e dixitais de alta definición, cámaras con GPS incorporado e software de xeoetiquetado fotográfico, sistemas de escanado e impresoras A3, mesa de planos con tecnígrafo, etc.

MAQUINARIA DE TALLER E OBRAS
Dispomos dun obradoiro con todo o material necesario para a elaboración dos sinais e paneis, así como de estruturas como pasarelas, cercados, etc.
Dispomos dunha máquina semi-automática de pintado de rondinos con sinais de continuidade.
Maquinaria individual de roza e roupa de protección. Equipo informatizado CNC para o gravado de material de sinalización.
Ferramentas para perforación e colocación de sinais…