Publicacións

SEGATUR® ten publicado coleccións de libros de rutas para camiñantes en Galicia e multitude de folletos de rutas sendeiristas.

Durante anos ten colaborado nas distintas edicións de “Sendas para descubrir un país”, publicación oficial de Turismo de Galicia, e o mellor referente das rutas homologadas de sendeirismo.

A aplicación Sendegal de Turismo de Galicia bebe dos datos e fotografías realizadas por SEGATUR® para esta entidade.