PR-G 94 RUTA DOS MUÍÑOS DO FOLÓN E DO PICÓN

PR-G 94 – RUTA DOS MUÍÑOS DO FOLÓN E DO PICÓN

Ano Homologación: 2007
Punto de partida/chegada: A Ponte das Penas – Martín (Concello do Rosal).
Lugar: Concello do Rosal (Pontevedra)
Servizos: En todo o Concello.
Accesos: Dende o Concello, na praza do Calvario do Rosal, hai que seguir os sinais que indican o sendeiro e que pasan pola aldea de Martín.
Puntos de interese: A Ponte das Penas e área recreativa e información, os muíños do Folón e os muíños do Picón.
Máis información: Concello do Rosal.
Telf.: 986 625 000
www.concellodorosal.es

DATOS DESCARGA LIBRE

 

Esta ruta percorre os muíños declarados “Ben de Interese Cultural” que cobren as ladeiras do “Campo do Couto”, entre os lugares de Martín e Picón, na Parroquia do Rosal.

Ademais de gozar das paisaxes e da natureza, camiñaremos entre o gran conxunto de muíños. Estas construcións foron moi importantes para a economía rural de antano e son un rico patrimonio cultural e arquitectónico herdado dos nosos devanceiros, digno da súa boa conservación.

CONSELLOS NA NATUREZA

  • Non atrape nin moleste aos animais, nin arrinque plantas, pois pode poñer en perigo especies únicas ameazadas así coma outras especies que dependan delas.

  • Non introduza ou estenda especies foráneas ou exóticas: poden ser moi prexudiciais para a contorna e para as especies autóctonas.

  • Evite facer ruído para non espantar aos animais ou molestar a outros visitantes. Se leva mascotas procure que non molesten a outros visitantes, aos animais salvaxes nin ao gando.

  • O lume destrúe moitos anos de vida e de paisaxe. Non prenda lume nin tire cabichas. Procure levar comida fría ou xa preparada.

  • Cando xere lixo, por favor léveo con vostede ata unha zona de recollida selectiva.

  • Non acampe por libre. Utilice os lugares apropiados para acampar.

  • Non acceda con vehículos fóra das estradas e pistas habilitadas para a circulación.

  • Aparque só nas zonas autorizadas e procure non estorbar o paso doutros vehículos.

  • A colaboración de todos é imprescindible para a conservación deste espazo. Goce da natureza con moito respecto e volva a descubrir esta contorna noutras épocas do ano.