PR-G 203 – SENDA DA RIBEIRA
Trazado paralelo ó río Eume, nunha fermosa contorna de bosque de ribeira atlántico, con múltiples pontes e parques. O percorrido transcorre dende as Pontes e visita ambas marxes, cruzando o cauce polo encoro da Ribeira.
A senda arrinca xunto á emblemática ponte de García Rodríguez (ano 1376), tamén coñecido como Ponte Vella ou Ponte dos Ferros. Esta construción recibe o nome do cabaleiro García Rodríguez de Valcárcel, o señor destas terras que a mandou levantar.
Tras atravesar un pasadizo, o roteiro transcorre por un paseo de madeira xunto ao río Eume e á igrexa de Santa María (século XVI). Ao chegar á ponte de Isabel II, construído en 1862, o carreiro cruza o río por unha ponte metálica e continúa pola marxe esquerda, ascendendo augas arriba, ata situarse debaixo do muro da presa.
Unha curta subida en zigzag alcanzará a área recreativa da Ribeira, o lugar máis alto do roteiro. Logo crúzase a presa e descéndese por un paseo peonil, xunto á área recreativa da Ribeira Nova. O percorrido entra na vila novamente a través do Parque do Eume, pasando previamente xunto ao muíño da Ribeira. Chégase ao final do traxecto no muíño de Alende (ano 1805), unha gran construción hoxe abandonada. Este itinerario ten un trazado fácil e atractivo que enlaza varias veces co carreiro PR-G 147.
SITUACIÓN
Concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña)
LONXITUDE/DURACIÓN
6 km / 1 hora e 45 min.
ACCESOS
As Pontes de García Rodríguez é unha vila importante a pé da autovía entre Ferrol e Vilalba.
Dende As Pontes pola AC-861
PUNTO PARTIDA/CHEGADA
Punto de chegada: Muíño de Alende (Concello das Pontes de García Rodríguez)
Punto de partida: A Ponte dos Ferros (Concello das Pontes de García Rodriguez)
PERCORRIDO/PUNTOS DE INTERESE
A Ponte dos Ferros, ponte de Isabel II, A Cuíña, área recreativa da Ribeira, muro do encoro da Ribeira, área recreativa da Ribeira Nova, Muíño da Ribeira, Parque do Eume, Muíño de Alende.
DIFICULTADE
Baixa
SERVIZOS
Na vila das Pontes de García Rodríguez.
SINALIZACIÓN
Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM e da FEDME. Existen varios paneis de información, en concreto en ambos inicios da ruta. Marcas de pintura realizadas en 2016.
RECOMENDACIÓNS
Atención: os nenos deberían ser maiores de 10 anos para facer a senda, e sempre ir acompañados por adultos.
Precaución no treito de Augas Caídas a Fonte Cubelas, especialmente quen vaia con crianzas
ANO HOMOLOGACIÓN
2016
MAÍS INFORMACIÓN
Enlace co PR-G 147
Concello das Pontes de García Rodríguez
Telf.: 981 453 116
https://aspontes.org/
DATOS DESCARGA LIBRE