PR-G 125 – SENDEIRO DE VISANTOÑA

PR-G 125 – SENDEIRO DE VISANTOÑA

PR-G 125 PANEL
PR-G 125 PANEL

Ruta circular que parte do Centro Social de Visantoña, no Concello de Santiso. A maior parte do camiño discorre por pistas de terra en bo estado que se encontran arrodeadas dunha paisaxe de pradarías marcada pola principal actividade económica, a gandaría.

Nos seus máis de 14 quilómetros atoparemos un conxunto de muíños, restos das sepulturas megalíticas do Ribeiro, mámoas, e o encoro de Portodemouros no río Ulla (construído nos anos 60 do século XX).

Fóra da ruta hai un atractivo turístico importante: o transbordador que comunica, dende 1977, Santiso con Vila de Cruces, transportando ininterrompida e gratuitamente pasaxeiros e coches que queiran atravesar dunha ribeira a outra.


SITUACIÓN
Parroquia de Visantoña – Concello de Santiso (A Coruña)


LONXITUDE/DURACIÓN
14’3 km / 4 horas.


ACCESOS
Dende a nacional N-547 desviándose en Arzúa ou en Melide en dirección a Visantoña.


PUNTO PARTIDA/CHEGADA
Punto de partida: Visantoña.
Punto de chegada: Visantoña.


PERCORRIDO/PUNTOS DE INTERESE
Visantoña, Casa Vilar (Casa de Turismo Rural), Muíños do Tajo, Pazo de Ribeiro, Mámoa do Ribeiro, Balocás, Igrexa San Xoán de Visantoña, Pazo de Vilar de Ferreiros, Castro.


DIFICULTADE
Baixa.


SERVIZOS
En Visantoña.


SINALIZACIÓN
Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM e da FEDME. Existen varios paneis de información e frechas. Marcas de pintura realizadas en 2009.


RECOMENDACIÓNS
É apta para facer a pé, en bicicleta ou a cabalo.
Revisar en Wikiloc as visitas máis recentes para coñecer a súa situación de mantemento.


ANO HOMOLOGACIÓN
2009


MÁIS INFORMACIÓN
Concello de Santiso
Tel.: 981 818 501
correo@santiso.gal
https://santiso.gal/


DATOS DESCARGA LIBRE

Nota: Agradecemos ó público usuario a colaboración na localización de posibles erros e/ou omisións. Remita o seu correo dende aquí