PR-G 198 – RUTA DO MALURO E PENA TREVINCA
Sendeiro de montaña
Ano Homologación: | 2016 | ||
Punto de partida/chegada: | Vilanova (Concello da Veiga). | ||
Lugar: | Concello da Veiga (Ourense) | ||
Servizos: | en Vilanova e na Veiga. | ||
Accesos: | Dende a Rúa ou dende a Gudiña pola OU-533 ata o Alto do Covelo. Desviarse en dirección á Veiga, proseguir ata Xares e continuar ata Vilanova. | ||
Puntos de interese: | Vilanova, Maluro, Poula de Campo Raso, Lombo do Rocín, Pena Trevinca, Pena Negra, Val de Meladas, minas dos alemás. | ||
Máis información: | Concello da Veiga. Telf.: 988 35 00 00 www.aveiga.gal Web turismo Concello da Veiga |
||
www.aveiga.gal | |||
IMPORTANTE: | Atención: sendeiro de montaña Mida ben as súas forzas e calcule o tempo necesario para regresar con seguridade. |
||
Web da Comisión Europea: politica de desarrollo rural e FEADER |
RECOMENDACIÓNS PARA A RUTA
-
IMPORTANTE: Sendeiro de montaña. Preste moita atención e non se confíe. A ruta está a cotas superiores a 1000 metros e a climatoloxía pode mudar facilmente. Mida ben as súas forzas e calcule o tempo necesario para regresar.
-
É conveniente ir sempre en grupo.
-
Leve de volta tódolos seus refugallos e deposíteos sempre en contedores de recollida selectiva nas poboacións e vilas próximas.
-
Se atopa un valado ou un pechado para animais, por favor, déixeo aberto ou pechado tal como o atopou.
-
Sega os camiños sinalizados evitando pisar noutros sitios ou erosionar outros terreos co seu paso.
-
A natureza ten os seus perigos: por favor utilice o sentido común e sexa precavido.
CONSELLOS NA NATUREZA
-
Non atrape nin moleste aos animais, nin arrinque plantas, pois pode poñer en perigo especies únicas ameazadas así coma outras especies que dependan delas.
-
Non introduza ou estenda especies foráneas ou exóticas: poden ser moi prexudiciais para a contorna e para as especies autóctonas.
-
Evite facer ruído para non espantar aos animais ou molestar a outros visitantes. Se leva mascotas procure que non molesten a outros visitantes, aos animais salvaxes nin ao gando.
-
O lume destrúe moitos anos de vida e de paisaxe. Non prenda lume nin tire cabichas. Procure levar comida fría ou xa preparada.
-
Cando xere lixo, por favor léveo con vostede ata unha zona de recollida selectiva.
-
Non acampe por libre. Utilice os lugares apropiados para acampar.
-
Non acceda con vehículos fóra das estradas e pistas habilitadas para a circulación.
-
Aparque só nas zonas autorizadas e procure non estorbar o paso doutros vehículos.
-
A colaboración de todos é imprescindible para a conservación deste espazo. Goce da natureza con moito respecto e volva a descubrir esta contorna noutras épocas do ano.
DATOS DESCARGA LIBRE
Este sendeiro de montaña permite achegarse dende Vilanova case ata os cumios do Maluro, Pena Negra ou Pena Trevinca. É unha ruta de altura, que tanto no verán coma no inverno é atractiva, longa e fermosa, pero sempre esixente. Goza de paisaxes únicas que parecen constantes dende o distante pasado, pero que agachan moitos cambios e moita máis historia da que podemos intuír: antigos glaciares, paisaxes pastorís humanizadas, historias de volframio, de guerras e de fuxidos…
Camiños peiteados polo vento, unha e mil veces, que guían aos montañeiros e que protexen algunha vexetación escasa e en perigo de desaparecer. Axudemos á difusión e á conservación deste marabilloso espazo, coñecéndoo e respectándoo.