PR-G 199 – RUTA PENA TREVINCA POLO SESTIL ALTO
Sendeiro de montaña
Ano Homologación: | 2017 | ||
Punto de partida/chegada: | A Ponte (Concello da Veiga). | ||
Lugar: | Concello da Veiga (Ourense) | ||
Servizos: | en Vilanova e na Veiga. | ||
Accesos: | Dende a Rúa ou dende a Gudiña pola OU-533 ata o Alto do Covelo. Desviarse en dirección á Veiga, proseguir ata Xares e continuar ata A Ponte. | ||
Puntos de interese: | A Ponte, val do río Xares, Val de Meladas, Sestil Alto, Pena Trevinca, Pena Negra. | ||
Máis información: | Concello da Veiga. Telf.: 988 35 00 00 www.aveiga.gal Web turismo Concello da Veiga |
||
www.aveiga.gal | |||
IMPORTANTE: | Atención: sendeiro de montaña Mida ben as súas forzas e calcule o tempo necesario para regresar con seguridade. |
||
Web da Comisión Europea: politica de desarrollo rural e FEADER |
RECOMENDACIÓNS PARA A RUTA
-
IMPORTANTE: Sendeiro de montaña. Preste moita atención e non se confíe. A ruta está a cotas superiores a 1000 metros e a climatoloxía pode mudar facilmente. Mida ben as súas forzas e calcule o tempo necesario para regresar.
-
É conveniente ir sempre en grupo.
-
Leve de volta tódolos seus refugallos e deposíteos sempre en contedores de recollida selectiva nas poboacións e vilas próximas.
-
Se atopa un valado ou un pechado para animais, por favor, déixeo aberto ou pechado tal como o atopou.
-
Sega os camiños sinalizados evitando pisar noutros sitios ou erosionar outros terreos co seu paso.
-
A natureza ten os seus perigos: por favor utilice o sentido común e sexa precavido.
CONSELLOS NA NATUREZA
-
Non atrape nin moleste aos animais, nin arrinque plantas, pois pode poñer en perigo especies únicas ameazadas así coma outras especies que dependan delas.
-
Non introduza ou estenda especies foráneas ou exóticas: poden ser moi prexudiciais para a contorna e para as especies autóctonas.
-
Evite facer ruído para non espantar aos animais ou molestar a outros visitantes. Se leva mascotas procure que non molesten a outros visitantes, aos animais salvaxes nin ao gando.
-
O lume destrúe moitos anos de vida e de paisaxe. Non prenda lume nin tire cabichas. Procure levar comida fría ou xa preparada.
-
Cando xere lixo, por favor léveo con vostede ata unha zona de recollida selectiva.
-
Non acampe por libre. Utilice os lugares apropiados para acampar.
-
Non acceda con vehículos fóra das estradas e pistas habilitadas para a circulación.
-
Aparque só nas zonas autorizadas e procure non estorbar o paso doutros vehículos.
-
A colaboración de todos é imprescindible para a conservación deste espazo. Goce da natureza con moito respecto e volva a descubrir esta contorna noutras épocas do ano.
DATOS DESCARGA LIBRE
Seguindo esta ruta gozaremos de grandes paisaxes dende o fondo do fermoso val do río Xares e dende os altos miradoiros do Sestil Alto. Partindo da aldea da Ponte, xunto á Igrexa de Santa María Madanela, a ruta comeza achegándose primeiro á antiga escola, hoxe convertida en Centro de Visitantes ZEC Pena Trevinca, e logo continúa saíndo da aldea e cruzando o pontón de Pena Pausa. A continuación o sendeiro ascende paseniño pola marxe dereita do Xares, seguindo o camiño de carro que vai cara ao Pontón das Olgas.
Antes de chegar á ponte, a ruta xira á esquerda e comeza o seu ascenso cara ao Val de Meladas. Conecta durante un breve tramo co PR-G 198.1 e, cando se separa, inicia o forte ascenso pola crista do Sestil Alto. Neste tramo atopamos uns balcóns excepcionais sobre o Val do Xares. Na parte máis alta da ruta o sendeiro conecta co PR-G 198 e vai con el ata a proximidade do cumio de Pena Trevinca.