PR-G 201 RUTA INTEGRAL SERRA CALVA

PR-G 201 – RUTA INTEGRAL SERRA CALVA
Sendeiro de montaña

Ano Homologación: 2016
Punto de partida/chegada: Portela de Serra Calva (Concello da Veiga).
Lugar: Concello da Veiga (Ourense)
Servizos: na Veiga.
Accesos: Dende a Rúa ou dende a Gudiña pola OU-533 ata o Alto do Covelo. Desviarse en dirección á Veiga, proseguir ata Valdín e, en dirección a Porto de Sanabria, subir ata as Tablillas, no límite do Concello da Veiga.
Puntos de interese: Sestil da CAlva, Lagoa de Ocelo, Lagoa da Serpe, O Escavadoiro, Pena Trevinca.
Máis información: Concello da Veiga.
Telf.: 988 35 00 00
www.aveiga.gal
Web turismo Concello da Veiga
www.aveiga.gal
IMPORTANTE: Atención: sendeiro de montaña
Mida ben as súas forzas e calcule o tempo necesario para regresar con seguridade.
Web da Comisión Europea: politica de desarrollo rural e FEADER


RECOMENDACIÓNS PARA A RUTA

  • IMPORTANTE: Sendeiro de montaña. Preste moita atención e non se confíe. A ruta está a cotas superiores a 1000 metros e a climatoloxía pode mudar facilmente. Mida ben as súas forzas e calcule o tempo necesario para regresar.

  • É conveniente ir sempre en grupo.

  • Leve de volta tódolos seus refugallos e deposíteos sempre en contedores de recollida selectiva nas poboacións e vilas próximas.

  • Se atopa un valado ou un pechado para animais, por favor, déixeo aberto ou pechado tal como o atopou.

  • Sega os camiños sinalizados evitando pisar noutros sitios ou erosionar outros terreos co seu paso.

  • A natureza ten os seus perigos: por favor utilice o sentido común e sexa precavido.

CONSELLOS NA NATUREZA

  • Non atrape nin moleste aos animais, nin arrinque plantas, pois pode poñer en perigo especies únicas ameazadas así coma outras especies que dependan delas.

  • Non introduza ou estenda especies foráneas ou exóticas: poden ser moi prexudiciais para a contorna e para as especies autóctonas.

  • Evite facer ruído para non espantar aos animais ou molestar a outros visitantes. Se leva mascotas procure que non molesten a outros visitantes, aos animais salvaxes nin ao gando.

  • O lume destrúe moitos anos de vida e de paisaxe. Non prenda lume nin tire cabichas. Procure levar comida fría ou xa preparada.

  • Cando xere lixo, por favor léveo con vostede ata unha zona de recollida selectiva.

  • Non acampe por libre. Utilice os lugares apropiados para acampar.

  • Non acceda con vehículos fóra das estradas e pistas habilitadas para a circulación.

  • Aparque só nas zonas autorizadas e procure non estorbar o paso doutros vehículos.

  • A colaboración de todos é imprescindible para a conservación deste espazo. Goce da natureza con moito respecto e volva a descubrir esta contorna noutras épocas do ano.

DATOS DESCARGA LIBRE

Esta ruta súmase á rede de carreiros de Trevinca no Concello da Veiga. Son rutas de montaña que presentan sinalización e equipamentos reducidos, os necesarios para garantir a seguridade do tránsito e información do percorrido. Débese ter precaución coa climatoloxía e recoméndase a súa ascensión só en época estival e coa utilización de GPS.

A senda é lineal e, cando finaliza preto de Pena Trevinca, obriga a un descenso a algunha poboación próxima ou a retornar pola mesma senda. Por iso hai que ter precaución cos horarios, xa que a ida e o regreso por este camiño pode superar as 15 horas, polo que se recomenda só en época estival.

Iníciase o traxecto na Portela dá Serra Calva (1520 m), tamén coñecida como as Lagoas dás Tablillas, no límite do Concello dá Veiga e o municipio zamorano de Porto de Sanabria. Neste punto hai un observatorio astronómico natural sinalizado, xa que o lugar goza dun ceo amplo e sen contaminación lumínica.

O percorrido é moi atractivo pois discorre polas máis coñecidas lagoas glaciares deste macizo, do mesmo xeito que por moitas pequenas lagoas estacionais. Estas últimas, por ser pequenas e por secarse no verán ás veces reciben o nome de lagoallos. A cantidade destes pequenos lagos e zonas encharcadas (brañas) son testemuñas do pasado glaciar destes montes. Tamén, desde fai centos de anos, a explotación destes pastos de altura e o seu propio clima conformou este territorio á vez fermoso e delicado, con terreos de turbeiras ricos en especies vexetais e animais en perigo de extinción.

O sol, o vento e a neve dan forma a unha vexetación baixa durante toda a senda que, sumada á altitude, permite gozar de horizontes amplos e belas paisaxes. A ruta discorre no linde entre as provincias de Ourense e Zamora.

Adoita ser fácil ver corzos neste camiño e, unha vez dentro do coto de Xares, tamén é común observar cervos de gran tamaño. Nas proximidades da Lagoa de Ocelo, dentro do coto, esta ruta conecta co PR-G 200. Desde aí coinciden no seu trazado ata a Lagoa dá Serpe. Logo, en solitario, esta ruta vai gañando altura bordeando o Alto do Turrieiro ata os abandonados chozos do Escavadoiro. Desde aquí a senda sobe paralela ao río Xares ata case o seu nacemento, conectando entón co PR-G 198 na golada da Valigota e accedendo en pouco máis de 20 minutos ao cumio de Pena Trevinca.

O trazado da Integral da Serra Calva acumula 21 km, pero haberá que reservar forzas para regresar a mesma distancia pola mesma senda ou baixar ata Vilanova ou á Ponte mediante os outros carreiros conectados. Como en calquera carreiro de montaña non é recomendable aventurarse en solitario.