PR-G 154 – RUTA DO AZÚMARA
A Ruta do Azúmara é un sendeiro lineal que une o Castro de Viladonga con Castro de Rei ó longo dun fermoso percorrido no que gozaremos dunha contorna natural moi exuberante nas beiras do río Azúmara.
Polo camiño atoparemos a Pena de Padorne e a Pena dos Corvos, e poderemos visitar unha pequena área recreativa cunto a unha antiga mina de arsénico, agora abandonada.
Esta ruta pertence á interesante Rede de Sendeiros da Terra Chá.
SITUACIÓN
Castro de Rei (Lugo)
LONXITUDE/DURACIÓN
7 km / 2 horas e 30 minutos.
ACCESOS
No km 70 da estrada N-640, seguir ata o camiño de acceso ao Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga. A 100 m deste punto, en dirección norte, atópase o inicio do sendeiro.
PUNTO PARTIDA/CHEGADA
Punto de partida: Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga.
Punto de chegada: Área recreativa do Río Azúmara (Concello de Castro de Rei).
PERCORRIDO/PUNTOS DE INTERESE
Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga, Lugar de Monelos, Mina de Arsénico, Lugar de Prado, Área recreativa do Río Azúmara.
DIFICULTADE
Baixa.
SERVIZOS
En Castro de Rei.
SINALIZACIÓN
Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM e da FEDME. Existen varios paneis de información e moitas frechas. Marcas de pintura realizadas en 2011. Limpeza do traxecto en 2011.
RECOMENDACIÓNS
Ruta practicable en bicicleta e a cabalo.
ANO HOMOLOGACIÓN
2011
MAÍS INFORMACIÓN
Concello de Castro de Rei
Tel.: 982 314 034
info@castroderei.gal
www.castroderei.gal
Mancomunidade Terra Chá
www.mancomunidadeterracha.com
DATOS DESCARGA LIBRE
Nota: Agradecemos ó público usuario a colaboración na localización de posibles erros e/ou omisións. Remita o seu correo dende aquí