PR-G 147 – SENDEIRO AS FRAGAS DA RIBEIRA E DO LOSTEGAL

PR-G 147 – SENDEIRO AS FRAGAS DA RIBEIRA E DO LOSTEGAL

Mapa PR-G 147Xunto ó río Eume, e alimentadas por numerosos regos, as Fragas da Ribeira e Lostegal mostran a exuberancia dos bosques galegos virxes, envolvidos nun clima húmido e fresco, con moita influencia atlántica.
A característica de estar a cabalo entre os Lugares de Interese Comunitaria (LIC) da Serra do Xistral e o Parque Natural das Fragas do Eume marcan a vitalidade, a cantidade, a variedade e a densidade da flora e fauna.
Ademais da beira do encoro e dos camiños entre os bosques, o visitante pode gozar dende o cumio da Carballeira dunha interesante paisaxe sobre a vila e o lago das Pontes.
A senda ten tramos de considerable dificultade. Só deberían aventurarse nela as persoas coa suficiente preparación. É conveniente ir en grupo. Os nenos deberían ser maiores de 10 anos para facer a senda, e sempre ir acompañados e protexidos por adultos.


SITUACIÓN
As Pontes de García Rodríguez


LONXITUDE/DURACIÓN
19 km / 6 horas e 30 minutos.


ACCESOS
Dende As Pontes pola AC-861.


PUNTO PARTIDA/CHEGADA
Punto de partida: As Pontes de García Rodríguez.
Punto de chegada: As Pontes de García Rodríguez.


PERCORRIDO/PUNTOS DE INTERESE
Parque da Fraga nas Pontes de García Rodríguez, Muíño da Ribeira, Parque Natural das Fragas do Eume, Encoro da Ribeira, Vilarbó, Lostegal, A Meda, Alto da Carballeira, Parque da Fraga.


DIFICULTADE
Media-Alta.


SERVIZOS
Nas Pontes.


SINALIZACIÓN
Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM e da FEDME. Existen varios paneis de información e moitas frechas. Marcas de pintura realizadas en 2011.


RECOMENDACIÓNS
Ruta practicable parcialmente en bicicleta e non practicable a cabalo.
Hai tramos complicados onde hai que portar a bicicleta no ombreiro.


ANO HOMOLOGACIÓN
2011


MÁIS INFORMACIÓN
Concello das Pontes de García Rodríguez.
Tel.: 981 453 116
https://aspontes.org/


DATOS DESCARGA LIBRE

Nota: Agradecemos ó público usuario a colaboración na localización de posibles erros e/ou omisións. Remita o seu correo dende aquí