PR-G 144 – RUTA NATURAL DOS CASTROS E NIVIEIRA

PR-G 144 – RUTA NATURAL DOS CASTROS E NIVIEIRA

Mapa PR-G 144Percorrido case circular cunha profunda paisaxe natural na montaña dos vales de Valdeorras.

Transcorre polo val do río Cigüeño no Concello de Rubiá. Visita os cavorcos deste val e os miradoiros sobre Rubiá e o Barco de Valdeorras.

Sendeiro homologado pola Federación Galega de Montañismo en 2010.


SITUACIÓN
Concello de Rubiá (Ourense).


LONXITUDE/DURACIÓN
6’3 km / 2 horas e 15 minutos.


ACCESOS
A N-120 comunica o termo municipal de Rubiá con Monforte de Lemos e León, constituíndo así a principal vía de comunicación de Rubiá.


PUNTO PARTIDA/CHEGADA
Punto de partida: Proximadades da escola. Río Cigüeño / Rubiá.
Punto de chegada: Rubiá.


PERCORRIDO/PUNTOS DE INTERESE
Cavorco Pena Arxel e Pedresa, Cavorco e regato do Nacedeiro, Cavorco dos Castros, Antigas puzas de pan e trigo, Prado de Nivieira, Fonte de Nivieira, Cavorco de Valdeoliva, Alto de Cales.


DIFICULTADE
Media-Baixa.


SERVIZOS
En Rubiá.


SINALIZACIÓN
Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM e da FEDME. Existen varios paneis de información e moitas frechas. Marcas de pintura realizadas en 2010.


RECOMENDACIÓNS
Revisar en Wikiloc as visitas máis recentes para coñecer a súa situación de mantemento.


ANO HOMOLOGACIÓN
2010


MÁIS INFORMACIÓN
Concello de Rubiá.
Tel.: 988 324 146
https://rubia.es/


DATOS DESCARGA LIBRE

Nota: Agradecemos ó público usuario a colaboración na localización de posibles erros e/ou omisións. Remita o seu correo dende aquí