PR-G 122 – CAMIÑOS DO TREGA

PR-G 122 – CAMIÑOS DO TREGA

Mapa PR-G 122Os Camiños do Trega son unha rede de pequenas sendas que permiten achegarnos a este impresionante cumio sobre o río Miño e o océano Atlántico.

Seguindo os seus itinerarios pódese ascender polas súas abas dende a Guarda, dende o barrio da Cruzada ou tamén dende Camposancos, ata visitar o seu afamado castro, a Ermida de Santa Trega, ou as belezas naturais da Pedra Furada e as inigualables panorámicas das que goza en calquera dirección.

A riqueza histórica e paisaxística do lugar ben merece que se coñezan lentamente, facendo sendeirismo tranquilamente e co máximo respecto para este gran legado.


SITUACIÓN
Monte Santa Trega – A Guarda (Pontevedra)


LONXITUDE/DURACIÓN
7’7 km (ruta principal e variantes) / 40 minutos a ruta principal e 2 horas as variantes.


ACCESOS
Dende a Guarda; e para chegar a esta poboación pola C-550 por Tui ou por Baiona.


PUNTO PARTIDA/CHEGADA
Punto de partida: A Guarda, barrio da Cruzada e Camposancos..
Punto de chegada: Cumio de Santa Trega e outros puntos de interese.


PERCORRIDO/PUNTOS DE INTERESE
Parque do Cancelón, área recreativa de Chans, senda botánica, viveiro, Fonte Nova, Fonte do Ermitán, Fonte dos Paxaros, Pico do Facho, Pico de San Francisco, Pedra Furada, miradoiro de Areses, miradoiro da Cruz do Home, Castro, viacrucis. Vistas sobre o esteiro do Miño e da costa atlántica.

Ver puntos de interese aquí descargando un mapa detallado.


DIFICULTADE
Media.


SERVIZOS
Na Guarda e en Camposancos.


SINALIZACIÓN
Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM e da FEDME. Existen varios paneis de información e moitas frechas. Marcas de pintura realizadas en 2010.


RECOMENDACIÓNS
Recomendable levar plano para poder decidir sobre as diferentes opcións.


ANO HOMOLOGACIÓN
2010


MÁIS INFORMACIÓN
Concello da Guarda.
Tel.: 986 610 000
www.aguarda.es
https://www.aguarda.es/


DATOS DESCARGA LIBRE

Nota: Agradecemos ó público usuario a colaboración na localización de posibles erros e/ou omisións. Remita o seu correo dende aquí