Comparto con vós unha páxina que pode remover conciencias e memorias… fuxidos.es
Foi un proxecto de SEGATUR e co patrocinio público/privado da Administración local e autonómica e dunha asociación hosteleira, baseado nas terribles experiencias dun fuxido nas montañas de Trevinca.
Don Alfonso Ortega Prada, secretario da Sociedade Agraria de Xares (A Veiga, Ourense), deixou manuscrito entre 1936 e 1937 as súas desgarradoras memorias mentres fuxía e se agachaba nas montañas de Trevinca.
O Rosal: un lugar e un clima únicos. Camiñando xunto ás primeiras industrias.
Esta pequena ruta fará gozar ó visitante dun atractivo percorrido polos coñecidos muíños do Picón e do Folón, hoxe declarados Bens de Interese Cultural. Estas construcións, situadas dentro deste municipio de fermoso e fragante nome, aséntanse nunhas ladeiras que serven de magnífico miradoiro sobre O Rosal.
Os muíños destacan pola impoñente marabilla de enxeñería tradicional que amosan, así como polo seu aparentemente fráxil equilibrio sobre as costas onde se atopan. Ademais a súa contorna, coidada con esmero, permite ver multitude de especies vexetais especialmente favorecidas pola bonanza do microclima da zona.
Na procura dos antigos sons das moas e dos rodicios, os camiñantes poderán acadar, dende as alturas, unhas magníficas vistas de singular beleza sobre o monte Santa Tegra e sobre o Miño.
As nosas rutas e excursións están dispoñibles todo o ano.
Atendemos a grupos dende un mínimo de 6 persoas.
Prezos especiais para grupos de máis de 15 persoas.
Punto de encontro no Rosal. Outras opcións a consultar.
Duración: 2:30 horas.
Dificultade: baixa.
Prezos: 45€/persoa (de luns a venres). 70€/persoa (sáb., dom. e festivos).
(Seguro e IVE incluídos. Os prezos non inclúen desprazamento nin comida)