A Xunta e a Federación Galega de Montañismo potencian o turismo de natureza coa revisión de 151 sendeiros

Galicia revisará as súas 151 rutas de sendeirismo para garantir a súa calidade

A Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Montañismo (FGM), iniciou un proceso de inspección exhaustiva das 151 rutas de sendeirismo homologadas na comunidade. O obxectivo é garantir que todas elas estean en óptimas condicións para asegurar unha experiencia segura e de calidade para os usuarios e potenciar o turismo de natureza.

Esta revisión é un paso previo indispensable para reeditar a popular guía ‘Sendas para descubrir un país’. Durante o proceso, as rutas con deficiencias de mantemento ou sinalización serán notificadas aos seus promotores (concellos, asociacións, etc.) para a súa corrección.

É crucial destacar que as rutas que non superen a inspección ou non se acondicionen debidamente, serán dadas de baixa. Isto suporá a perda da súa homologación oficial e a súa exclusión das publicacións e canles de promoción da Xunta e da FGM.

Por este motivo, faise un chamamento aos promotores para que aseguren o estado impecable dos seus itinerarios. Recoméndase encarecidamente contar co asesoramento e traballo de Técnicos de Sendeiros cualificados, xa que son os profesionais ideais para garantir que as rutas cumpran cos esixentes estándares e superen con éxito esta importante revisión.

Fonte da nova:
https://www.turismo.gal/espazo-institucional/actualidade/detalle-nova?langId=gl_ES&content=nova_3855.html

Fuxidos – Unha experiencia en Trevinca

Lagoa da Serpe
Lagoa da Serpe
Lagoa de Ocelo
Lagoa de Ocelo

Comparto con vós unha páxina que pode remover conciencias e memorias… fuxidos.es

Foi un proxecto de SEGATUR e co patrocinio público/privado da Administración local e autonómica e dunha asociación hosteleira, baseado nas terribles experiencias dun fuxido nas montañas de Trevinca.

Don Alfonso Ortega Prada, secretario da Sociedade Agraria de Xares (A Veiga, Ourense), deixou manuscrito entre 1936 e 1937 as súas desgarradoras memorias mentres fuxía e se agachaba nas montañas de Trevinca.

Animámosvos a visitar https://fuxidos.es

PR-G 200 Revisada.

Lagoa da Serpe
Lagoa da Serpe

A senda por montaña PR-G 200 Ruta das Lagoas Glaciares da Serpe e de Ocelo, foi revisada no mes de xullo de 2022 polos técnicos de SEGATUR e atopábase en boa situación, pese ós anos dende a súa homologación.

Obviamente precisa un traballo lixeiro de mantemento, pero o seu estado non impide gozar do camiño e das súas impresionantes vistas.
De todas formas, recoméndase facelo con boa climatoloxía e roupa de montaña.

Folletos turísticos – Actividades en Mañón

Folletos turísticos – Actividades en Mañón

O Concello de Mañón, realizou uns folletos turísticos con tódalas rutas de sendeirismo e elementos de ocio activo, coma miradoiros, hipica, kayak, surf, etc. Un municipio moi coñecido por Estaca de Bares, pero que ten moitos máis recursos naturais excepcionais e moi ben preparados, agardando a que os visitantes os descubran.

Panel informativo na Veiga

Colocado no Concello da Veiga un panel con información da Rede Etnográfica, do turismo activo e dos centros de visitantes (Pena Trevinca e Centro Apícola de Prada).