PR-G 143 – Roteiro do Río Arnoia

PR-G 143
PR-G 143

PR-G 143 – Roteiro do Río Arnoia
Concellos de Gomesende e Ramirás (Ourense).

Percorrido lineal que se pode facer circular por unha pista de 3 km.

Percorre case dous quilómetros dunha canle hidráulica, e discorre polo val do río Arnoia. É de destacar a visita ó barroco Santuario da Nosa Señora do Val.

Sendeiro homologado pola Federación Galega de Montañismo en 2010.

Tendes máis datos neste enlace:
PR-G 143 – Roteiro do Río Arnoia

A Xunta e a Federación Galega de Montañismo potencian o turismo de natureza coa revisión de 151 sendeiros

Galicia revisará as súas 151 rutas de sendeirismo para garantir a súa calidade

A Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Montañismo (FGM), iniciou un proceso de inspección exhaustiva das 151 rutas de sendeirismo homologadas na comunidade. O obxectivo é garantir que todas elas estean en óptimas condicións para asegurar unha experiencia segura e de calidade para os usuarios e potenciar o turismo de natureza.

Esta revisión é un paso previo indispensable para reeditar a popular guía ‘Sendas para descubrir un país’. Durante o proceso, as rutas con deficiencias de mantemento ou sinalización serán notificadas aos seus promotores (concellos, asociacións, etc.) para a súa corrección.

É crucial destacar que as rutas que non superen a inspección ou non se acondicionen debidamente, serán dadas de baixa. Isto suporá a perda da súa homologación oficial e a súa exclusión das publicacións e canles de promoción da Xunta e da FGM.

Por este motivo, faise un chamamento aos promotores para que aseguren o estado impecable dos seus itinerarios. Recoméndase encarecidamente contar co asesoramento e traballo de Técnicos de Sendeiros cualificados, xa que son os profesionais ideais para garantir que as rutas cumpran cos esixentes estándares e superen con éxito esta importante revisión.

Fonte da nova:
https://www.turismo.gal/espazo-institucional/actualidade/detalle-nova?langId=gl_ES&content=nova_3855.html

Novas para Concellos sobre as subvencións da Axencia de Turismo de Galicia

Axencia de Turismo de Galicia
Axencia de Turismo de Galicia

Axencia de Turismo de Galicia

Ampliación de prazos xustificación procedementos TU503D e TU503G

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2023 pola que se amplía o prazo de xustificación previsto na Resolución do 9 de febreiro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503D). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231030/AnuncioG0256-251023-0002_gl.html

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2023 pola que se amplía o prazo de execución e xustificación e se reaxustan as anualidades previstas na Resolución do 14 de marzo de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503G). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231030/AnuncioG0256-261023-0002_gl.html

Tendes máis datos neste enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231030/Indice206_gl.pdf</a

PR-G 256 Ruta «Per Caminho de Lampai»

Marco Porto Lampai
Marco Porto Lampai

Concello de Teo.

Ruta «Per Caminho de Lampai»

Camiño tradicional que, partindo da capela de Santa Ana (Agrela), bordea a fonte da Grela (datada no 1868) e discorre fundamentalmente paralelo ao Rego do Tarrío. Permite coñecer a historia medieval de Teo.

O nome da ruta extraémolo dun verso dunha cantiga de amor do trobador compostelán Joán Airas, onde amosa a súa desesperanza pola marcha da muller amada cara Portugal, por un camiño medieval que atravesaba o Concello de Teo de norte a sur, subindo cara a Lampai en dirección a Padrón.

O trazado principal discorre a carón dun bosque de ribeira onde se atopan varios muíños e chega ao Marco Porto de Lampai, un bloque granítico con escritos medievais gravados datado no 1156 que na actualidade marca o linde entre Teo e Padrón.

A ruta conta cunha variante que sube ao Miradoiro da Pena da Agrela, teito natural do Concello de Teo con 410 m.s.n.m. con impresionantes vistas, especialmente á desembocadura do Ulla e ría de Arousa (existe no cumio un panel panorámico interpretativo).

Tendes máis datos neste enlace:
https://segatur.es/sendeiros/coruna/prg256/

PR-G 148 Ruta do Mar de Corme e Ribeira do Anllóns

Praias de Corme
Praias de Corme

Ruta pola beira do mar, sinalizada en 2012, con impresionantes vistas e rodeada de cultura, patrimonio, historia, natureza, etc. O visitante, a máis de levar prismáticos para observar aves e cetaceos, debe ter lido antes sobre Pondal, sobre o Cruceiro da Pedra da Serpe en Gondomil ou sobre a II Guerra Mundial e o periao de Balarés.
En definitiva, unha senda que mostra moito máis do que ves cos ollos!

Máis info aquí.

PR-G 151 Ruta das Lagoas

Lagoa de Cospeito
Lagoa de Cospeito

Esta ruta no Concello de Cospeito, sinalizada en 2011, permite coñecer unha das sendas máis longas da Rede de Sendeiros da Terra Chá, así como a ben afamada Lagoa de Cospeito que é unha das zonas húmidas máis importantes de Galicia.

O sendeiro que une o Centro de Interpretación da Lagoa na Feira do Monte e a Igrexa de San Martiño de Lamas, é fácil de realizar andando ou en bicicleta debido ó seu lene percorrido. Por iso é ideal para iniciarse no sendeirismo nestas terras lucenses.

Esta ruta pertence á interesante Rede de Sendeiros da Terra Chá. A dificultade do percorrido é baixa.

Máis info aquí.

PR-G 152 Ruta dos Muíños

Muíño - Abadín
Muíño – Abadín

A ruta dos Muíños que une Cabo de Vila con A Laxe, foi sinalizada en 2011 en Abadín, e vai ó longo dun fermoso percorrido no que visitaremos os muíños do rego de Rodeiro e pasaremos xunto ó río Anllo.
Neste trazado de menos de cinco quilómetros poderemos observar o muíño de Cabo de Vila, o muíño Pequeno Escaravello (Foxacos), o muíño da Fraga, o de Trasón, o do Mazo (A Vesada) e o moderno muíño fabril de Corvite, que data de inicios do século XX.
Esta ruta pertence á interesante Rede de Sendeiros da Terra Chá. A dificultade do percorrido é baixa.
Máis info aquí.

PR-G 153 Augas de Fomiñá

Fonmiñá - A Pastoriza
Fonmiñá – A Pastoriza

O percorrido PR-G 153 Augas de Fomiñá, sinalizado en 2011 na Pastoriza (Lugo), forma parte dunha rede de percorridos na Terra Chá.
Neste sendeiros camiñaremos xunto ó río Miño, nun variado percorrido que une as áreas recreativas de Fomiñá e de Baltar.
Zonas húmidas, natureza e auga acompáñannos nesta andaina na que poderemos ver a fermosa contorna, transitar polas pasarelas e visitar Fomiñá, a fonte principal do nacemento do Miño. Tamén gozaremos do interesante Castro de Sa, a ponte vella de Miñoto e a tranquila praia fluvial e área recreativa de Baltar. A dificultade do percorrido é baixa.
Maís info aquí.

PR-G 154 Ruta do Azúmara

Castro de Viladonga
Castro de Viladonga

O percorrido PR-G 154 Ruta do Azúmara, sinalizado en 2011 en Castro de Rei, forma parte dunha rede de percorridos na Terra Chá.

O inicio do percorrido non pode ser mellor: o magnífico Castro de Viladonga.

A dificultade do percorrido é baixa.