Homologado o sendeiro PR-G 256 Ruta «Per Caminho de Lampai»

Marco Porto Lampai
Marco Porto Lampai

Concello de Teo.

Ruta «Per Caminho de Lampai»

Esta pequena ruta foi revisada a primeiros de agosto e validada por un técnico de sendeiros elixido pola FGM e con funcións de técnico homologador delegado. A Federación Galega de Montañismo emitiu o correspondente certificado de homologación refrendado pola Presidenta da FGM o día 20/08/2023.

Xa, no inmediato mes de setembro parte da senda foi usada parcialmente para unha carreira por montaña oficial da FGM.

Agardemos que cada vez máis sendeiristas, montañeiros e turistas coñezan este pequeno sendeiro teense tan próximo a Padrón e a Santiago, e que sorprende con tanta historia medieval nas súas pedras.

Tendes máis datos neste enlace:
https://segatur.es/sendeiros/coruna/prg256/

PR-G 256 Ruta «Per Caminho de Lampai»

Marco Porto Lampai
Marco Porto Lampai

Concello de Teo.

Ruta «Per Caminho de Lampai»

Camiño tradicional que, partindo da capela de Santa Ana (Agrela), bordea a fonte da Grela (datada no 1868) e discorre fundamentalmente paralelo ao Rego do Tarrío. Permite coñecer a historia medieval de Teo.

O nome da ruta extraémolo dun verso dunha cantiga de amor do trobador compostelán Joán Airas, onde amosa a súa desesperanza pola marcha da muller amada cara Portugal, por un camiño medieval que atravesaba o Concello de Teo de norte a sur, subindo cara a Lampai en dirección a Padrón.

O trazado principal discorre a carón dun bosque de ribeira onde se atopan varios muíños e chega ao Marco Porto de Lampai, un bloque granítico con escritos medievais gravados datado no 1156 que na actualidade marca o linde entre Teo e Padrón.

A ruta conta cunha variante que sube ao Miradoiro da Pena da Agrela, teito natural do Concello de Teo con 410 m.s.n.m. con impresionantes vistas, especialmente á desembocadura do Ulla e ría de Arousa (existe no cumio un panel panorámico interpretativo).

Tendes máis datos neste enlace:
https://segatur.es/sendeiros/coruna/prg256/

Ruta do Apego. Traballos de mantemento – Concello de Teo

SEGATUR realizou traballos de limpeza e mantemento da Ruta do Apego no Concello de Teo.

Algún sinal estragado, houbo de ser recuperado e recolocado, xunto cunha posterior limpeza dos elementos desta senda multimedia para cativos.

Na imaxe, trala nova cementación do sinal, procédese á limpeza do mesmo con produtos adecuados.