PR-G 151 Ruta das Lagoas

Lagoa de Cospeito
Lagoa de Cospeito

Esta ruta no Concello de Cospeito, sinalizada en 2011, permite coñecer unha das sendas máis longas da Rede de Sendeiros da Terra Chá, así como a ben afamada Lagoa de Cospeito que é unha das zonas húmidas máis importantes de Galicia.

O sendeiro que une o Centro de Interpretación da Lagoa na Feira do Monte e a Igrexa de San Martiño de Lamas, é fácil de realizar andando ou en bicicleta debido ó seu lene percorrido. Por iso é ideal para iniciarse no sendeirismo nestas terras lucenses.

Esta ruta pertence á interesante Rede de Sendeiros da Terra Chá. A dificultade do percorrido é baixa.

Máis info aquí.

PR-G 152 Ruta dos Muíños

Muíño - Abadín
Muíño – Abadín

A ruta dos Muíños que une Cabo de Vila con A Laxe, foi sinalizada en 2011 en Abadín, e vai ó longo dun fermoso percorrido no que visitaremos os muíños do rego de Rodeiro e pasaremos xunto ó río Anllo.
Neste trazado de menos de cinco quilómetros poderemos observar o muíño de Cabo de Vila, o muíño Pequeno Escaravello (Foxacos), o muíño da Fraga, o de Trasón, o do Mazo (A Vesada) e o moderno muíño fabril de Corvite, que data de inicios do século XX.
Esta ruta pertence á interesante Rede de Sendeiros da Terra Chá. A dificultade do percorrido é baixa.
Máis info aquí.

PR-G 153 Augas de Fomiñá

Fonmiñá - A Pastoriza
Fonmiñá – A Pastoriza

O percorrido PR-G 153 Augas de Fomiñá, sinalizado en 2011 na Pastoriza (Lugo), forma parte dunha rede de percorridos na Terra Chá.
Neste sendeiros camiñaremos xunto ó río Miño, nun variado percorrido que une as áreas recreativas de Fomiñá e de Baltar.
Zonas húmidas, natureza e auga acompáñannos nesta andaina na que poderemos ver a fermosa contorna, transitar polas pasarelas e visitar Fomiñá, a fonte principal do nacemento do Miño. Tamén gozaremos do interesante Castro de Sa, a ponte vella de Miñoto e a tranquila praia fluvial e área recreativa de Baltar. A dificultade do percorrido é baixa.
Maís info aquí.

PR-G 154 Ruta do Azúmara

Castro de Viladonga
Castro de Viladonga

O percorrido PR-G 154 Ruta do Azúmara, sinalizado en 2011 en Castro de Rei, forma parte dunha rede de percorridos na Terra Chá.

O inicio do percorrido non pode ser mellor: o magnífico Castro de Viladonga.

A dificultade do percorrido é baixa.

PR-G 155 Ruta Miradoiro da Terra Chá

Sinal PR-G 155
Sinal PR-G 155

O percorrido PR-G 155 Miradoiro da Terra Chá, sinalizado en 2011 en Outeiro de Rei, forma parte dunha rede de percorridos na Terra Chá.

O inicio do percorrido é na Feira e remata na igrexa de Francos. Ten uns 11 quilómetros de extensión, aínda que pode ser circulado enlazando o inicio e o fin ao longo dunha pista, cun percorrido adicional de 2 km. Estes poden facerse en pouco máis de 20 minutos.

Todo o camiño quedou impecablemente sinalizado en 2011 e era difícil se perder. Consulten sobre o seu mantemento no Concello. A dificultade do percorrido é baixa.