Panel informativo na Veiga

Colocado no Concello da Veiga un panel con información da Rede Etnográfica, do turismo activo e dos centros de visitantes (Pena Trevinca e Centro Apícola de Prada).

Inaugurado Centro de Interpretación Trevinca

APonteNa aldea da Ponte (A Veiga) foi inaugurado o 13/05/2017 o Centro de recepción de visitantes no que foi a Casa-Escola. Información variada sobre fauna, flora e percorridos montañeiros, complementada con rutas sendeiristas de montaña.
Unha aposta do Concello da Veiga a prol do Turismo de Natureza.

Ruta guiada: Muíños do Folón e do Picón

Muíños do Folón

O Rosal: un lugar e un clima únicos.
Camiñando xunto ás primeiras industrias.

Esta pequena ruta fará gozar ó visitante dun atractivo percorrido polos coñecidos muíños do Picón e do Folón, hoxe declarados Bens de Interese Cultural. Estas construcións, situadas dentro deste municipio de fermoso e fragante nome, aséntanse nunhas ladeiras que serven de magnífico miradoiro sobre O Rosal.

Os muíños destacan pola impoñente marabilla de enxeñería tradicional que amosan, así como polo seu aparentemente fráxil equilibrio sobre as costas onde se atopan. Ademais a súa contorna, coidada con esmero, permite ver multitude de especies vexetais especialmente favorecidas pola bonanza do microclima da zona.

Na procura dos antigos sons das moas e dos rodicios, os camiñantes poderán acadar, dende as alturas, unhas magníficas vistas de singular beleza sobre o monte Santa Tegra e sobre o Miño.

As nosas rutas e excursións están dispoñibles todo o ano.
Atendemos a grupos dende un mínimo de 6 persoas.
Prezos especiais para grupos de máis de 15 persoas.
Punto de encontro no Rosal. Outras opcións a consultar.
Duración: 2:30 horas.
Dificultade: baixa.
Prezos: 45€/persoa (de luns a venres). 70€/persoa (sáb., dom. e festivos).
(Seguro e IVE incluídos. Os prezos non inclúen desprazamento nin comida)

Nova web SEGATUR.es

Dámos un novo paso nas comunicacións da empresa:
iniciamos unha nova web con páxinas máis seguras (https://), baixo o novo dominio segatur.es e cun formato máis activo.
Pretendemos achegarnos máis ó público en xeral e ós nosos clientes.