RUTA SAUDABLE DE TEO

DATOS DESCARGA LIBRE

Acceso:

 

 

Punto de
partida e
chegada:
Rúa de Francos (Concello de Teo).
Lugar: Concello de Teo (A Coruña)
Servizos: en Teo.
Puntos
de
interese:

Rúa de Francos, carballeira,
parque biosaudable da
área da Piollosa, Osebe,
A Casalonga, Cornide,
Vilar de Arriba,
Rúa de Francos.

Máis
información:

Tel. 981 809 707
Concello de Teo
Ramallosa 38 – 15883 Teo – A Coruña
Tel.: 981 81 57 00
https://www.teo.gal

A RUTA

A ruta circular de saúde de Teo comeza na Rúa de Francos e discorre por un itinerario que visita Osebe, A Casalonga, Cornide e Vilar de Arriba, para regresar ata o inicio. Durante a senda o/a camiñante pasará polo parque de exercicios, gozando dun percorrido que mellorará a súa forma física.

O exercicio de camiñar é importante para unha vida saudable e, á vez, a porta de entrada para comezar noutro tipo de exercicios máis intensos. O obxectivo é animar as persoas de Teo a andar de xeito habitual, cómodo e a introducirse nunha vida máis saudable que inclúa o exercicio físico. Para conseguilo promovemos este circuíto. Está deseñado para a práctica de exercicio físico de adultos de máis de 40 anos e é moi recomendable para maiores de 60 porque permite mellorar a mobilidade, aumentar a flexibilidade e tonificar a musculatura de todo o corpo.

Este percorrido pódese facer de xeito individual ou en grupo. O Concello organiza saídas de promoción deste tipo de actividade que poden consultarse en www.teo.gal ou 981 809 707.

A área da Piollosa é un espazo verde no que se atopan diferentes equipos que facilitan prácticas de ximnasia que complementan o exercicio de camiñar.

No momento que coñezas este trazado podes facer variacións e explorar as súas variantes.

Parte do percorrido coincide co trazado do Camiño Portugués a Compostela.

Recomendacións:

  • Se vostede non foi unha persoa activa, comece lentamente e vaia de vagar ata acadar as súas metas. Non teña presa; calquera exercicio suave é mellor que un exercicio violento ou non facer nada.
  • Cada día comece lentamente, cun progreso gradual e remate con calma.
  • Debe ser capaz de falar mentres fai exercicio. Se non pode, quizais estea facendo un esforzo excesivo.
  • Tome descansos con frecuencia e beba auga para hidratarse. Hai dúas fontes sinalizadas no trazado con auga potable.
  • Non faga exercicio en condicións de moito calor e con humidade extrema.
  • Consulte ao seu médico que exercicio é mellor para a súa idade e condición.

CONSELLOS NA NATUREZA

  • Non atrape nin moleste aos animais, nin arrinque plantas, pois pode poñer en perigo especies únicas ameazadas así coma outras especies que dependan delas.
  • Non introduza ou estenda especies foráneas ou exóticas: poden ser moi prexudiciais para a contorna e para as especies autóctonas.
  • Evite facer ruído para non espantar aos animais ou molestar a outros visitantes. Se leva mascotas procure que non molesten a outros visitantes, aos animais salvaxes nin ao gando.
  • O lume destrúe moitos anos de vida e de paisaxe. Non prenda lume nin tire cabichas. Procure levar comida fría ou xa preparada.
  • Cando xere lixo, por favor léveo con vostede ata unha zona de recollida selectiva.
  • Non acampe por libre. Utilice os lugares apropiados para acampar.
  • Non acceda con vehículos fóra das estradas e pistas habilitadas para a circulación.
  • Aparque só nas zonas autorizadas e procure non estorbar o paso doutros vehículos.
  • A colaboración de todos é imprescindible para a conservación deste espazo. Goce da natureza con moito respecto e volva a descubrir esta contorna noutras épocas do ano.
  • Comunica os depósitos de lixo que atopes ou comportamentos delitivos que vexas, a responsabilidade de coidar o contorno é de todos e todas.
  • Fala coa xente que vexas, os humanos somos seres sociais e parte do noso benestar susténtase na interacción con outras persoas.