BTT Senda Verde do Xares

BTT – SENDA VERDE DO XARES

Ano de sinalización: 2017
Punto de partida/chegada: A Veiga / Praia dos Franceses (ambas no Concello da Veiga).
Lugar: Concello da Veiga (Ourense)
Servizos: na Veiga.
Accesos: A Veiga
Puntos de interese: A Veiga, área recreativa e praia do Coiñedo, Casdenodres, Castromarigo, Candeda, Prada, presa do Encoro de Prada, Santa Cristina, Carracedo, As Chairas e praia dos Franceses.
Máis información: Concello da Veiga.
Telf.: 988 35 00 00
www.aveiga.gal
Web turismo Concello da Veiga
www.aveiga.gal
IMPORTANTE: Atención: a ruta completa ten máis de 33 km.
Mida ben as súas forzas e calcule o tempo necesario para facela toda.
Web da Comisión Europea: politica de desarrollo rural e FEADER


RECOMENDACIÓNS PARA A RUTA

  • IMPORTANTE: Preste moita atención e non se confíe. A ruta completa ten máis de 33 km. Mida ben as súas forzas e calcule o tempo necesario para facela toda.

    RECOMENDACIÓNS BTT

    • É obrigatorio o uso do casco
    • SE NON VES SINAIS (MOI IMPORTANTE):
      EN CASO DE AUSENCIA DE SINAIS NUNHA RUTA BTT SEMPRE DEBERÁS CIRCULAR POLO CAMIÑO PREFERENTE NOS CRUZAMENTOS.
    • Indica aos teus amigos que ruta vas realizar. Infórmate sobre os seus aspectos técnicos e sobre as condicións climatolóxicas do día.
    • Non esquezas revisar o estado da túa bicicleta. Leva sempre auga, roupa de abrigo, kit de reparación e teléfono móbil ben cargado.
    • Respecta a contorna, aos seus habitantes e aos animais que atopes, así como as zonas privadas.
    • Selecciona e circula polos itinerarios en función da túa capacidade física e técnica.
    • Debes obedecer á sinalización das rutas, dar prioridade aos peóns e cumprir coas normas xerais de circulación.
    • É importante circular asegurado. Para iso tramita a túa licenza na túa Federación deportiva.
    • As contornas polas que vas circular son abertas, de libre circulación e escenario de moitas actividades. Polo tanto mantén unha actitude prudente, comprensiva e respectuosa.
    • O Concello non será responsable do mal uso das rutas nin das imprudencias cometidas polos usuarios.

DATOS DESCARGA LIBRE

A Senda Verde do Xares é unha ruta case circular arredor do Encoro de Prada. Dende a Veiga iniciamos o percorrido pola beira dereita do río Xares ata a represa de Prada (pasando por Casdenodres, Castromarigo e Candeda), para logo volver pola marxe esquerda (achegándonos ata as proximidades de Corexido e de Vilaboa, e cruzando Santa Cristina e Carracedo) ata a coñecida coma a Praia dos Franceses. Esta ruta permite gozar das paisaxes naturais creadas a partir dunha importante modificación do medio feita polo home: a creación do encalco de Prada no ano 1958 e o conseguinte asolagamento do fondo do val do río Xares. A creación desta permanente contorna húmida, cun microclima propio, condiciona a identidade do propio val, xerando moitas veces unhas néboas matinais que abranguen dende as proximidades da capital do concello, na poboación da Veiga, ata as terras por baixo do lugar de Prada.

A ruta é sinxela e carece de fortes desniveis. Incluso está preparada para transitar facilmente con bicicleta de montaña, incluíndo uns tramos alternativos por asfalto. A súa dificultade pode radicar na lonxitude da mesma, pero hai múltiples alternativas para acurtar os treitos e poder facela en varias etapas, mediante os accesos por camiños e pistas a varias aldeas e estradas dende o percorrido que circunda a presa.

O percorrido para bicicleta está marcado neste sentido, pero o ciclista debe circular con precaución, xa que a ruta é de uso compartido: hai tramos de estrada, zonas con presenza de animais domesticados e outras con animais salvaxes e, por suposto, o camiño é utilizado por veciños e sendeiristas. Por favor, sexa prudente e respectuoso, sempre cedendo o paso ao resto dos usuarios.