PR-G 148 – RUTA DO MAR DE CORME E RIBEIRA DO ANLLÓNS

PR-G 148 – RUTA DO MAR DE CORME E RIBEIRA DO ANLLÓNS

Mapa PR-G 148

Esta ruta comunica Ponteceso con Corme por camiños que discorren pola ribeira e pola beiramar, a través dos que podemos descubrir interesantes mostras do patrimonio natural e cultural de Ponteceso e da Costa da Morte, como a enseada da Insua e a Pedra da Serpe.
Comeza a ruta en Ponteceso, fronte á casa natal do poeta Eduardo Pondal, autor do poema Os pinos, letra do himno galego.
Desde a ponte de Ponteceso, a ruta continúa seguindo as augas do río Anllóns, polo paseo fluvial e o “malecón” do Couto (dique de terra) ata a enseada da Insua, un espazo natural de alto valor ecolóxico.
Continúa o percorrido bordeando a enseada da Insua polas abas do monte Branco, desde onde hai unhas
impresionantes vistas sobre as dunas da enseada da Insua, que protexen o esteiro dos embates do océano Atlántico, que aquí se abre na ría de Corme e Laxe.
O camiño segue pola beiramar ata a praia de Balarés e o seu antigo porto – especialmente activo na febre do wolframio en Galicia-, onde poderemos descansar baixo o piñeiral da súa área recreativa.
Desde aquí a ruta discorre polos cantís do monte da Facha, pasa por Gondomil, que aínda conserva algunhas mostras de arquitectura tradicional, e chega ata a Pedra da Serpe, curioso símbolo pagán cunha inscultura dunha serpe alada.
A ruta continúa cara á praia da Ermida, protexida pola illa da Estrela e, desde aquí, segue cara a Corme, a onde chegaremos despois de pasar a carón das praias do Osmo e da Arnela.


SITUACIÓN
Ponteceso (A Coruña)


LONXITUDE/DURACIÓN
11’1 km o trazado principal + 5’75 km a variante / 3 horas e 45 minutos – Pola variante 2 horas e media.


ACCESOS
Dende Ponteceso (xunto á casa de Eduardo Pondal).


PUNTO PARTIDA/CHEGADA
Punto de partida: Ponteceso.
Punto de chegada: Corme.


PERCORRIDO/PUNTOS DE INTERESE
Ponteceso, Malecón do Couto, A Xunqueira, Esteiro do río Anllóns, Dunas da Praia do Medio, Monte Branco, Praia e área recreativa de Balarés, Vistas da ría, Cruceiro da Pedra da Serpe en Gondomil, Praia da Ermida, Praia do Osmo, Praia de Arnela, Corme.


DIFICULTADE
Media-Baixa.


SERVIZOS
En Ponteceso e en Corme.


SINALIZACIÓN
Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM e da FEDME. Existen varios paneis de información e moitas frechas. Marcas de pintura realizadas en 2012. Limpeza do traxecto en 2012.


RECOMENDACIÓNS
Atención: non é accesible a persoas con mobilidade reducida.


ANO HOMOLOGACIÓN
2012


MAÍS INFORMACIÓN
Concello de Ponteceso
Oficina de Turismo de Corme
Tel.: 981 714 000
concello@ponteceso.net
www.ponteceso.gal


DATOS DESCARGA LIBRE

Nota: Agradecemos ó público usuario a colaboración na localización de posibles erros e/ou omisións. Remita o seu correo dende aquí