PR-G 147 – SENDEIRO AS FRAGAS DA RIBEIRA E DO LOSTEGAL
Xunto ó río Eume, e alimentadas por numerosos regos, as Fragas da Ribeira e Lostegal mostran a exuberancia dos bosques galegos virxes, envolvidos nun clima húmido e fresco, con moita influencia atlántica.
A característica de estar a cabalo entre os Lugares de Interese Comunitaria (LIC) da Serra do Xistral e o Parque Natural das Fragas do Eume marcan a vitalidade, a cantidade, a variedade e a densidade da flora e fauna.
Ademais da beira do encoro e dos camiños entre os bosques, o visitante pode gozar dende o cumio da Carballeira dunha interesante paisaxe sobre a vila e o lago das Pontes.
A senda ten tramos de considerable dificultade. Só deberían aventurarse nela as persoas coa suficiente preparación. É conveniente ir en grupo. Os nenos deberían ser maiores de 10 anos para facer a senda, e sempre ir acompañados e protexidos por adultos.
SITUACIÓN
As Pontes de García Rodríguez
LONXITUDE/DURACIÓN
19 km / 6 horas e 30 minutos.
ACCESOS
Dende As Pontes pola AC-861.
PUNTO PARTIDA/CHEGADA
Punto de partida: As Pontes de García Rodríguez.
Punto de chegada: As Pontes de García Rodríguez.
PERCORRIDO/PUNTOS DE INTERESE
Parque da Fraga nas Pontes de García Rodríguez, Muíño da Ribeira, Parque Natural das Fragas do Eume, Encoro da Ribeira, Vilarbó, Lostegal, A Meda, Alto da Carballeira, Parque da Fraga.
DIFICULTADE
Media-Alta.
SERVIZOS
Nas Pontes.
SINALIZACIÓN
Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM e da FEDME. Existen varios paneis de información e moitas frechas. Marcas de pintura realizadas en 2011.
RECOMENDACIÓNS
Ruta practicable parcialmente en bicicleta e non practicable a cabalo.
Hai tramos complicados onde hai que portar a bicicleta no ombreiro.
ANO HOMOLOGACIÓN
2011
MÁIS INFORMACIÓN
Concello das Pontes de García Rodríguez.
Tel.: 981 453 116
https://aspontes.org/
DATOS DESCARGA LIBRE
Nota: Agradecemos ó público usuario a colaboración na localización de posibles erros e/ou omisións. Remita o seu correo dende aquí