PR-G 204 – RUTA RIBEIRA DO BISPO – MIRADOIRO DE AUGAS CAÍDAS

PR-G 204 – RUTA RIBEIRA DO BISPO – MIRADOIRO DE AUGAS CAÍDAS


Trazado paralelo ó río Sor, nunha fermosa contorna de bosque de ribeira atlántico. No traxecto hai 5 refuxios de pescadores en bo estado de conservación.

Na área recreativa de Ponte Segade hai praia fluvial en verán e servizos de hostalería.


LONXITUDE/DURACIÓN
12 km / 4 horas


ACCESOS
Dende a estrada CP-4401 que une O Porto do Barqueiro coas Pontes de García Rodríguez, hai un desvío nas Grañas do Sor, cara Ribeira do Bispo e outro na parroquia de Mañón cara Augas Caídas.


PUNTO PARTIDA/CHEGADA
A Ribeira do Bispo / Miradoiro de Augas Caídas – Refuxio do Couce (Concello de Mañón).


PERCORRIDO/PUNTOS DE INTERESE
A Ribeira do Bispo, Refuxio da Ribeira do Bispo, Refuxio do Cascón, Área Recreativa da Ponte Segade, Refuxio de Salustio – Ponte, Fonte Cubelas, Refuxio de Cubelas – Ponte, Miradoiro de Augas Caídas, Refuxio do Couce e Mañón.


DIFICULTADE
Media-Baixa


SERVIZOS
En Ponte Segade e, fóra da ruta, nas Grañas do Sor e no Porto do Barqueiro.


SINALIZACIÓN
Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM e da FEDME. Existen varios paneis de información, en concreto en ambos inicios da ruta. Marcas de pintura realizadas en 2016.


RECOMENDACIÓNS
Atención: os nenos deberían ser maiores de 10 anos para facer a senda, e sempre ir acompañados por adultos.
Precaución no treito de Augas Caídas a Fonte Cubelas, especialmente quen vaia con crianzas


ANO HOMOLOGACIÓN
2016


DATOS DESCARGA LIBRE