PR-G 238 RUTA DOS PETRÓGLIFOS DE TEO

PR-G 238 RUTA DOS PETRÓGLIFOS DE TEO

Actuación con financiamento da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia

DATOS DESCARGA LIBRE

Datos:

  • Distancia:   11.9 km
  • Tipo de percorrido: ida e volta.
  • Desnivel de subida e baixada: 300 m
  • Tempo estimado: 3h 45 min.
  • MIDE: 2,2,2,3.

Acceso:

   

Ano Sinalización: 2018
Ano Homologación: 2019
Punto de partida/chegada: Cornide (Concello de Teo).
Lugar: Concello de Teo (A Coruña)
Servizos: en todo o Concello de Teo.
Accesos: Dende a Ramallosa (Teo) pola DP-0205 ata Cornide. Dende Santiago pola N-550 ata a DP-0205, e logo continuar ata Cornide.
Puntos de interese: Cornide, muíño de Cornide, petróglifos de Cornide, petróglifos do Outeiro do Corno, petróglifos do Fondao, da Pena Bicuda de Loureiro, de Outeiro Piquiño, do Trono da Raíña, da Pena Bicuda de Regoufe e petróglifos do Meau.
Máis información: Concello de Teo Telf.: 981 815 700 www.teo.gal

Este sitio arqueolóxico representa unha das áreas de maior importancia en Galicia, e sen igual na Comarca de Compostela, pola gran densidade de xacementos de mámoas e petróglifos existentes e polas características dalgúns deste gravados. Son moi relevantes os petróglifos do Río de Angueira ou de Monte de Cornide, cun conxunto de escenas de monta, unha delas sobre un cervo; o petróglifo de Outeiro do Corno I, de gran importancia e recoñecemento na comunidade galega, que amosa na súa parte central un motivo cuadrangular segmentado acompañado dunha daga; e tamén os petróglifos de Pedra Bicuda de Loureiro que representan numerosos gravados xeométricos de gran porte (combinacións circulares e espirais) e figurativos (cervos e cánidos). De todos nós depende a súa divulgación e a súa coidada conservación.


Petróglifos de Cornide ou do Río Angueira 1 e 2

Son dúas estacións moi próximas entre si. A estación 1 destaca por composicións e combinacións circulares. A estación 2 ten motivos principalmente zoomórficos e de monta e al menos unha delas sobre un cervo. Máis información nestes enlaces. Colectivo a Rula Patrimonio Galego


Petróglifos Outeiro do Corno 1

Este é un dos gravados máis interesantes de Teo. Este tipo de debuxo coñecese na Península Ibérica como «Tipo Peña Tú» por un petróglifo que se atopa en Llanes (Asturias). Esta representación teense dálle nome á variante galega como «Tipo Outeiro do Corno». Máis información nestes enlaces. Colectivo a Rula Patrimonio Galego


Petróglifos Outeiro do Corno 2 e 3

Estación 2. Situados na parte alta do monte xunto ao camiño, está moi erosionada e mostra liñas horizontais e verticais, así coma algúns círculos concéntricos. Estación 3. Con inscricións cuadrangulares divididas. Máis información neste enlace. Colectivo a Rula


Petróglifo Histórico Cruciforme

Trátase dun sinal en forma de cruz, que podería representar o linde das parroquias limítrofes.


Petróglifos do Fondao

É un único panel con representacións xeométricas moi próximas unhas doutras. Atópase nunha rocha no lugar do Fondao. Imaxe presentada polo Colectivo a Rula. Máis información neste enlace. Colectivo a Rula


Petróglifos da Pena Bicuda de Loureiro

De gran importancia, este conxunta mostra combinacións circulares, espirais e motivos zoomórficos, así como posibles representacións de armas ou serpes. Máis información neste enlace. Colectivo a Rula


Petróglifos de Outeiro Piquiño 1 e 2

As dúas estacións de Outeiro Piquiño están moi próximas pero foron identificadas en momentos moi distintos. Representan círculos simples e coviñas e círculos concéntricos. Máis información neste enlace. Colectivo a Rula


Petróglifo do Trono da Raíña

Lugar de excepcionais vistas. Petróglifo con círculos concéntricos. Máis información neste enlace. Colectivo a Rula


Petróglifos da Pena Bicuda de Regoufe

No ano 1953 dáse referencia no «Noticiario Arqueólogico Hispánico» destes petróglifos por parte do estudoso e investigador Ramón Sobrino Lorenzo – Ruza. Máis información neste enlace. Colectivo a Rula


Petróglifos do Meau

Facilmente observables no lateral do penedo, representan círculos concéntricos. Dáse a coincidencia de que dende este miradoiro, no solsticio de inverno, pódese apreciar que o sol sae xusto detrás do Trono da Raíña (Outeiro do Ledo) e que os raios alumean os petróglifos do Meau por estaren orientados nun plano inclinado cara ao nacente. Máis información neste enlace. Colectivo a Rula


RECOMENDACIÓNS PARA A RUTA

  • É conveniente ir sempre en grupo. Esta ruta é mellor realizala nun día claro no amencer ou pola tarde (no abrente ou no solpor), e levar lanternas para alumear os petróglifos de forma tanxencial e apreciar as súas formas sen tocalos.

  • Leve de volta tódolos seus refugallos e deposíteos sempre en contedores de recollida selectiva nas poboacións e vilas próximas.

  • Se atopa un valado ou un pechado para animais, por favor, déixeo aberto ou pechado tal como o atopou.

  • Sega os camiños sinalizados evitando pisar noutros sitios ou erosionar outros terreos co seu paso.

  • A natureza ten os seus perigos: por favor utilice o sentido común e sexa precavido.

CONSELLOS NA NATUREZA

  • Non atrape nin moleste aos animais, nin arrinque plantas, pois pode poñer en perigo especies únicas ameazadas así coma outras especies que dependan delas.

  • Non introduza ou estenda especies foráneas ou exóticas: poden ser moi prexudiciais para a contorna e para as especies autóctonas.

  • Evite facer ruído para non espantar aos animais ou molestar a outros visitantes. Se leva mascotas procure que non molesten a outros visitantes, aos animais salvaxes nin ao gando.

  • O lume destrúe moitos anos de vida e de paisaxe. Non prenda lume nin tire cabichas. Procure levar comida fría ou xa preparada.

  • Cando xere lixo, por favor léveo con vostede ata unha zona de recollida selectiva.

  • Non acampe por libre. Utilice os lugares apropiados para acampar.

  • Non acceda con vehículos fóra das estradas e pistas habilitadas para a circulación.

  • Aparque só nas zonas autorizadas e procure non estorbar o paso doutros vehículos.

  • A colaboración de todos é imprescindible para a conservación deste espazo. Goce da natureza con moito respecto e volva a descubrir esta contorna noutras épocas do ano.

Nota legal: Esta páxina ten ligazóns a outras webs externas que informan sobre os elementos da ruta. Os contidos de cada web externa, así coma os seus dereitos de autor, son atribuídos a cadanseu responsable, sen atribución ningunha a esta páxina ou ao Concello de Teo. SEGATUR non obtén directa nin inderectamente réditos, ingresos ou beneficios económicos de ningún tipo con estes enlaces e só acode a eles (de forma gratuíta e atribuíndo a súa autoría) para facilitar a interpretación dos elementos existentes na ruta polos visitantes da mesma.