PR-G 256 RUTA ‘PER CAMINHO DE LAMPAI’
DATOS DESCARGA LIBRE
- Wikiloc Turismo de Teo – Ruta ‘Per Caminho de Lampai’
- Track kml – kmz
- Track gpx
- Ruta Teo – Mapa elaborado por SEGATUR
- Folleto pdf (baixa calidade web)
Datos:
- Distancia: 4.45 km
- Tipo de percorrido: ida e volta. Trazado principal tipo «piruleta» – Variante con acceso a miradoiro.
- Desnivel de subida e baixada: 200 m no trazado principal
- Tempo estimado: 1h no trazado principal
- MIDE: 1,2,2,2.
Acceso:
Ano Sinalización: | 2023 |
Ano Homologación: | 2023 |
Punto de partida/chegada: | A Agrela – Lampai (Concello de Teo). |
Lugar: | Concello de Teo (A Coruña) |
Servizos: | en todo o Concello de Teo. |
Accesos: | Acceso pola CP-6502 (A Agrela) |
Puntos de interese: | Capela de Santa Ana, fonte, muíños, bosque de ribeira do rego de Tarrío, Marco do Porto Lampai (1156), miradoiro da Pena da Agrela. |
Máis información: | Concello de Teo Telf.: 981 815 700 www.teo.gal |
Ruta Per Caminho de Lampai
Camiño tradicional que, partindo da capela de Santa Ana (Agrela), bordea a fonte da Grela (datada no 1868) e discorre fundamentalmente paralelo ao Rego do Tarrío.
Máis datos na web do Concello de Teo neste enlace.
Capela de Santa Ana
Na parte alta da aldea da Agrela (Lampai) e nun recuncho da antiga carballeira na aba do monte, atópase esta pequena ermida de planta rectangular feita a base de perpiaños.
Máis datos na web do Concello de Teo neste enlace.
Marco do Porto Lampai
As primeiras letras teenses.
No ano de 1156, o Emperador Afonso VII e boa parte da aristocracia e da Igrexa da Coroa de Castela realiza unha sorprendente doazón dun enorme terreo a un descoñecido plebeo, sen título, de nome Sancho Eanes.
Aparentemente pódese ler neste marco sobre as súas tres caras esculpidas o seguinte texto: «Era MCXCIV et quotum I kalendas septemberis cum auctoritatem imperatoris et omnibus intervinientibus patronim statuit«.
A súa tradución sería: «No ano de 1156, no primeiro día das calendas de setembro, coa autoridade do Emperador e de tódolos asistentes poño este pedrón».
Segundo a documentación atopada posteriormente en Santiago, o plebeo foi un descoñecido Sancho Eanes, a quen o Emperador Alfonso VII (1105-1157) cede este terreo probablemente en recompensa dalgún importante favor ou servizo.
Máis datos na web do Concello de Teo neste enlace.
Máis información neste enlace. As primeiras letras teenses – Colectivo a Rula
Miradoiro da Pena da Agrela
Con 410 metros de altitude a Pena da Agrela é o teito natural de Teo. O alto, conformado por penas e monte baixo conforma un miradoiro natural.
Unha vista impresionante que pola súa situación, recomendamos visitar á tardiña, no lusco e fusco.
Máis datos na web do Concello de Teo neste enlace.
RECOMENDACIÓNS PARA A RUTA
-
É conveniente ir sempre en grupo. Esta ruta é mellor realizala nun día claro no amencer ou pola tarde (no abrente ou no solpor), e levar lanternas para alumear os petróglifos de forma tanxencial e apreciar as súas formas sen tocalos.
-
Leve de volta tódolos seus refugallos e deposíteos sempre en contedores de recollida selectiva nas poboacións e vilas próximas.
-
Se atopa un valado ou un pechado para animais, por favor, déixeo aberto ou pechado tal como o atopou.
-
Sega os camiños sinalizados evitando pisar noutros sitios ou erosionar outros terreos co seu paso.
-
A natureza ten os seus perigos: por favor utilice o sentido común e sexa precavido.
CONSELLOS NA NATUREZA
-
Non atrape nin moleste aos animais, nin arrinque plantas, pois pode poñer en perigo especies únicas ameazadas así coma outras especies que dependan delas.
-
Non introduza ou estenda especies foráneas ou exóticas: poden ser moi prexudiciais para a contorna e para as especies autóctonas.
-
Evite facer ruído para non espantar aos animais ou molestar a outros visitantes. Se leva mascotas procure que non molesten a outros visitantes, aos animais salvaxes nin ao gando.
-
O lume destrúe moitos anos de vida e de paisaxe. Non prenda lume nin tire cabichas. Procure levar comida fría ou xa preparada.
-
Cando xere lixo, por favor léveo con vostede ata unha zona de recollida selectiva.
-
Non acampe por libre. Utilice os lugares apropiados para acampar.
-
Non acceda con vehículos fóra das estradas e pistas habilitadas para a circulación.
-
Aparque só nas zonas autorizadas e procure non estorbar o paso doutros vehículos.
-
A colaboración de todos é imprescindible para a conservación deste espazo. Goce da natureza con moito respecto e volva a descubrir esta contorna noutras épocas do ano.
Nota legal: Esta páxina ten ligazóns a outras webs externas que informan sobre os elementos da ruta. Os contidos de cada web externa, así coma os seus dereitos de autor, son atribuídos a cadanseu responsable, sen atribución ningunha a esta páxina ou ao Concello de Teo. SEGATUR non obtén directa nin inderectamente réditos, ingresos ou beneficios económicos de ningún tipo con estes enlaces e só acode a eles (de forma gratuíta e atribuíndo a súa autoría) para facilitar a interpretación dos elementos existentes na ruta polos visitantes da mesma.