PR-G 151 – RUTA DAS LAGOAS

PR-G 151 – RUTA DAS LAGOAS

Mapa PR-G 151

Esta ruta no Concello de Cospeito permite coñecer unha das sendas máis longas da Rede de Sendeiros da Terra Chá, así como a ben afamada Lagoa de Cospeito que é unha das zonas húmidas máis importantes de Galicia.

O sendeiro que une o Centro de Interpretación da Lagoa na Feira do Monte e a Igrexa de San Martiño de Lamas, é fácil de realizar andando ou en bicicleta debido ó seu lene percorrido. Por iso é ideal para iniciarse no sendeirismo nestas terras lucenses.

Esta ruta pertence á interesante Rede de Sendeiros da Terra Chá.


SITUACIÓN
Cospeito (Lugo)


LONXITUDE/DURACIÓN
14’1 km / 4 horas e 40 minutos.


ACCESOS
Dende Cospeito dirixirse á área de interpretación da Lagoa de Cospeito.


PUNTO PARTIDA/CHEGADA
Punto de partida: A Feira do Monte (Cospeito).
Punto de chegada: As Lamas (San Martiño – Cospeito).


PERCORRIDO/PUNTOS DE INTERESE
Lagoa de Cospeito, Ermida da Virxe do Monte, Lagoa de Carballosa, Igrexa das Lamas.


DIFICULTADE
Baixa.


SERVIZOS
En Cospeito.


SINALIZACIÓN
Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM e da FEDME. Existen varios paneis de información e moitas frechas. Marcas de pintura realizadas en 2011. Limpeza do traxecto en 2011.


RECOMENDACIÓNS
Ruta practicable en bicicleta e a cabalo.


ANO HOMOLOGACIÓN
2011


MAÍS INFORMACIÓN
Concello de Cospeito
Tel.: 982 520 001
www.concellodecospeito.es

Mancomunidade Terra Chá
www.mancomunidadeterracha.com


DATOS DESCARGA LIBRE

Nota: Agradecemos ó público usuario a colaboración na localización de posibles erros e/ou omisións. Remita o seu correo dende aquí