PR-G 152 – RUTA DOS MUÍÑOS

PR-G 152 – RUTA DOS MUÍÑOS

Mapa PR-G 152

A ruta dos Muíños une Cabo de Vila con A Laxe, ó longo dun fermoso percorrido no que visitaremos os muíños do rego de Rodeiro e pasaremos xunto ó río Anllo.
Neste trazado de menos de cinco quilómetros poderemos observar o muíño de Cabo de Vila, o muíño Pequeno Escaravello (Foxacos), o muíño da Fraga, o de Trasón, o do Mazo (A Vesada) e o moderno muíño fabril de Corvite, que data de inicios do século XX.
Ás veces, os corzos cruzarán as fragas e acompañarannos neste breve camiño.
Esta ruta pertence á interesante Rede de Sendeiros da Terra Chá.


SITUACIÓN
Abadín (Lugo)


LONXITUDE/DURACIÓN
4’7 km + 0’6 km derivación Muíño de Cabo de Vila / 1 hora e 40 minutos.


ACCESOS
O lugar da Laxe atópase na parroquia de San Pedro de Corvite, próxima á vía LU-113. A carón do muíño atópase o inicio del sendeiro.


PUNTO PARTIDA/CHEGADA
Punto de partida: Lugar de Cabo de Vila (Concello de Abadín).
Punto de chegada: Lugar da Laxe.


PERCORRIDO/PUNTOS DE INTERESE
Muíño de Cabo de Vila, Muíño de Escaravello, Muíño da Fraga, Muíño de Trasón, Muíño do Mazo, Canle de Corvite, Serradoiro e muíño fabril de Corvite.


DIFICULTADE
Baixa.


SERVIZOS
En Abadín.


SINALIZACIÓN
Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM e da FEDME. Existen varios paneis de información e moitas frechas. Marcas de pintura realizadas en 2011. Limpeza do traxecto en 2011.


RECOMENDACIÓNS
Ruta practicable en bicicleta parcialmente e a cabalo.


ANO HOMOLOGACIÓN
2011


MAÍS INFORMACIÓN
Concello de Abadín
Tel.: 982 508 021
concello.abadín@eidolocal.es
abadín.es

Mancomunidade Terra Chá
www.mancomunidadeterracha.com


DATOS DESCARGA LIBRE

Nota: Agradecemos ó público usuario a colaboración na localización de posibles erros e/ou omisións. Remita o seu correo dende aquí