PR-G 153 – AUGAS DE FOMIÑÁ
Neste sendeiros camiñaremos xunto ó río Miño, nun variado percorrido que une as áreas recreativas de Fomiñá e de Baltar.
Zonas húmidas, natureza e auga acompáñannos nesta andaina na que poderemos ver a fermosa contorna, transitar polas pasarelas e visitar Fomiñá, a fonte principal do nacemento do Miño.
Tamén gozaremos do interesante Castro de Sa, a ponte vella de Miñoto e a tranquila praia fluvial e área recreativa de Baltar.
Esta ruta pertence á interesante Rede de Sendeiros da Terra Chá.
SITUACIÓN
A Pastoriza (Lugo)
LONXITUDE/DURACIÓN
12’8 km / 3 horas e 30 minutos.
ACCESOS
Chegar ata a igrexa da parroquia de San Salvador de Fomiñá, dende aquí seguir 150 m cara á estrada LU-122 (estrada Lugo-Mondoñedo). No cruce da estrada cun camiño de terra atópase o inicio do sendeiro.
PUNTO PARTIDA/CHEGADA
Punto de partida: Igrexa de San Salvador de Fomiñá.
Punto de chegada: Área recreativa da Liboira/Baltar (Concello da Pastoriza).
PERCORRIDO/PUNTOS DE INTERESE
Lagoa de Fomiñá, Castro de Sa, A Ponte Vella de Miñoto, Área recreativa de Baltar.
DIFICULTADE
Baixa.
SERVIZOS
Na Pastoriza.
SINALIZACIÓN
Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM e da FEDME. Existen varios paneis de información e moitas frechas. Marcas de pintura realizadas en 2011. Limpeza do traxecto en 2011.
RECOMENDACIÓNS
Ruta practicable en bicicleta e a cabalo.
ANO HOMOLOGACIÓN
2011
MAÍS INFORMACIÓN
Concello da Pastoriza
Tel.: 982 332 197
administracion@concellodepastoriza.es
concelloapastoriza.es
Mancomunidade Terra Chá
www.mancomunidadeterracha.com
DATOS DESCARGA LIBRE
Nota: Agradecemos ó público usuario a colaboración na localización de posibles erros e/ou omisións. Remita o seu correo dende aquí