PR-G 155 – RUTA MIRADOIRO DA TERRA CHÁ

PR-G 155 – RUTA MIRADOIRO DA TERRA CHÁ

Mapa PR-G 155

Sendeiro lineal en forma semicircular, con inicio e final que poden ser unidos por un camiño, fóra da ruta homologada, que permite regresar ao inicio.

O comezo é na carballeira do Lugar da Feira onde antigamente se celebraba unha feira tradicional. A ruta sae da aldea a través de camiños cercados polos muros de casas solarengas: a Casa da Barreira e la Casa da Veiga, mostras da arquitectura tradicional.

Podemos visitar a Área recreativa de Penas de Rodas, cunha singular formación rochosa de dúas xigantescas rochas graníticas, envoltas en varias lendas.

A ruta ascende ata o monte da Cruz de Paraños. Ao chegar á cima teremos unha panorámica completa da planicie da comarca da Terra Chá. A ruta continúa nun suave descenso ata chegar novamente ás aldeas e á Igrexa de Francos.


SITUACIÓN
Outeiro de Rei (Lugo)


LONXITUDE/DURACIÓN
10’7 km / 3 horas e 30 minutos.


ACCESOS
Desde Outeiro de Rei continuar pola N-VI (dirección A Coruña) durante 2,3 km. Nese punto xirar á esquerda cara á estrada de Friol e seguir durante 2,7 km ata cruzar a ponte sobre o río Ladra.
Despois da ponte, desviarse cara ao Lugar da Feira e a algo máis de 1 km atoparémonos co inicio do sendeiro, agochado en medio dunha fraga de carballos (a carón do cruceiro)


PUNTO PARTIDA/CHEGADA
Punto de partida: Lugar da Feira.
Punto de chegada: Igrexa de Santiago de Francos (Concello de Outeiro de Rei).


PERCORRIDO/PUNTOS DE INTERESE
Lugar da Feira, Casa da Barreira, Muíño de Lousado, Área recreativa de Penas de Rodas, Casa da Veiga, Lugar de Susavila, Igrexa de Santiago de Francos.


DIFICULTADE
Baixa.


SERVIZOS
En Outeiro de Rei e Rábade.


SINALIZACIÓN
Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM e da FEDME. Existen varios paneis de información e moitas frechas. Marcas de pintura realizadas en 2011. Limpeza do traxecto en 2011.


RECOMENDACIÓNS
Ruta practicable en bicicleta e a cabalo.


ANO HOMOLOGACIÓN
2011


MAÍS INFORMACIÓN
Concello de Outeiro de Rei
Tel.: 982 393 281
www.outeiroderei.org

Mancomunidade Terra Chá
www.mancomunidadeterracha.com


DATOS DESCARGA LIBRE

Nota: Agradecemos ó público usuario a colaboración na localización de posibles erros e/ou omisións. Remita o seu correo dende aquí

Sinal PR-G 155
Sinal PR-G 155