PR-G 162 – RUTA DA RIBEIRA SACRA DO MIÑO
Estamos nunha das rutas de curto percorrido máis esixentes de Galicia, con 37 km de baixadas e subidas continuas. Está deseñado para ser feito facilmente en dúas ou máis etapas, xa que leva unhas 12 horas camiñando pola que pode ser unha das mellores sendas do país.
O percorrido permítenos coñecer a Ribeira Sacra seguindo a conca do río Miño dende San Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao) ata o lugar de Cima de Atán (Pantón). Apreciaremos paisaxes que nos deixarán sen palabras, aldeas solitarias como Bexán, A Pena, Millarada ou Marce rodeados de viñedos da D.O. Ribeira Sacra e soutos de castiñeiros centenarios. Os templos románicos de San Estevo de Ribas de Miño, San Paio de Diomondi e San Martiño da Cova, así como as ermidas e castelos encherán este espazo de contido histórico e artístico.
A ruta é lineal con subidas continuas cara ás montañas e baixadas ata a beira do río Miño. A variedade de cores será unha delicia visual que cobrará máis importancia no outono, ademais das agradables temperaturas que fan desta zona ideal para viaxar nos meses máis frescos.
Sen dúbida unha experiencia completa para gozar dunha das zonas máis fermosas de Galicia.
SITUACIÓN
Concellos do Saviñao e de Pantón (Lugo)
LONXITUDE/DURACIÓN
37’6 km / 12 horas.
ACCESOS
Na estrada LU-533 dende Chantada en dirección a Monforte de Lemos, despois de cruzar o viaduto de Belesar tomar o desvío en dirección á Igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño.
PUNTO PARTIDA/CHEGADA
Punto de chegada: Cima de Atán (Concello de Pantón).
Punto de partida: Igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño (Concello do Saviñao).
PERCORRIDO/PUNTOS DE INTERESE
Igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, Lugar de Galegos, Igrexa de San Paio de Diomondi, Belesar, Lugar de Bexán, Lugar da Reguenga, Lugar de Soane, Igrexa de San Martiño da Cova, Igrexa de Santo André de Ribeiras de Miño, Área recreativa de Maiorga, Lugar da Míllara, Lugar de Marce, Fervenza de Auga Caída, Lugar de Cabo de Vila, Lugar de Reiriz, Igrexa de Santo Estevo de Atán, Cima de Atán.
DIFICULTADE
Moi alta.
SERVIZOS
En Escairón e O Castro de Ferreira.
SINALIZACIÓN
Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM e da FEDME. Existen varios paneis de información e moitas frechas. Marcas de pintura realizadas en 2013. Limpeza do traxecto en 2013.
RECOMENDACIÓNS
Atención: a ruta non é practicable en bicicleta nin a cabalo.
ANO HOMOLOGACIÓN
2013
MAÍS INFORMACIÓN
Concello do Saviñao
Tel.: 982 452 061
http://www.concellodosavinao.com/
Asociación Veciñal do Saviñao
asociacionvecinaldosavinao@gmail.com
http://www.aavvdosavinhao.org/
Concello de Pantón
Tel.: 982 456 005
turismopanton@hotmail.com
http://www.concellodepanton.es/
DATOS DESCARGA LIBRE