PR-G 143 – ROTEIRO DO RÍO ARNOIA

PR-G 143 – ROTEIRO DO RÍO ARNOIA

Percorrido lineal que se pode facer circular por unha pista de 3 km.

Percorre case dous quilómetros dunha canle hidráulica, e discorre polo val do río Arnoia. É de destacar a visita ó barroco Santuario da Nosa Señora do Val.

Sendeiro homologado pola Federación Galega de Montañismo en 2010.


SITUACIÓN
Concellos de Ramirás e Gomesende (Ourense).


LONXITUDE/DURACIÓN
11 km / 3 horas e 45 minutos.


ACCESOS
Pola estrada OU-531 desviándose ata o Santuario de Nosa Señora do Val (Gomesende) ou ata San Xoán de Escudeiros (Ramirás).


PUNTO PARTIDA/CHEGADA
Punto de partida: Escudeiros.
Punto de chegada: Nosa Señora do Val.


PERCORRIDO/PUNTOS DE INTERESE
San Xoán de Escudeiros, Río Arnoia, canle, antiga fábrica da luz, O Viso, Santuario da Nosa Señora do Val.


DIFICULTADE
Media-Baixa.


SERVIZOS
En Escudeiros, xunto a estrada OU-531, en Ramirás e en Gomesende.


SINALIZACIÓN
Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM e da FEDME. Existen varios paneis de información e moitas frechas. Marcas de pintura realizadas en 2010.


RECOMENDACIÓNS
Revisar en Wikiloc as visitas máis recentes para coñecer a súa situación de mantemento.


ANO HOMOLOGACIÓN
2010


MÁIS INFORMACIÓN
Páxina web da ruta: www.escudeiros.es
–  Enlace: http://escudeiros.es/roteiro-PR-G-143.html

Concello de Ramirás. Telf.: 988 491 523 www.concelloderamiras.gal – concello.ramiras@eidolocal.es

Concello de Gomesende. Telf.: 988 485 000 http://www.gomesende.es


DATOS DESCARGA LIBRE

Nota: Agradecemos ó público usuario a colaboración na localización de posibles erros e/ou omisións. Remita o seu correo dende aquí