PR-G 175 – RUTA DO MONTE DE SAN XUSTO

PR-G 175 – RUTA DO MONTE DE SAN XUSTO

Mapa PR-G 175

Este carreiro mostra a exuberante natureza que rodea o río Deva e permite fermosas vistas sobre o río Miño. Ao ser un roteiro circular pódese iniciar en varios puntos, como a área de autocaravanas de O Valiño ou A Ponte Ballote, sendo aconsellable este último emprazamento xa que conecta tamén co roteiro PR-G 176.

Desde A Ponte Ballote, o roteiro descende xunto ao río Deva para alcanzar A Ponte do Cantiño e continúa ata A Ponte Trado, interesante construción medieval con probables orixes romanas. Despois comeza a subida cara a Trado. Un pouco máis arriba, atópase a área de autocaravanas de O Valiño.

O roteiro continúa cara ao Monte de San Xusto. Durante a ascensión visítase o miradoiro sobre o río Miño e a modesta e restaurada ermida de San Xusto, con mesas e bancos ao seu ao redor. A continuación a senda descende á aldea de Trado Pequeno e prosegue ata chegar á Ponte Ballote.


SITUACIÓN
Concello de Pontedeva (Ourense)


LONXITUDE/DURACIÓN
7’5 km / 2 horas e 40 min.


ACCESOS
Dende a estrada OU-410 de Cortegada a Ponte Barxas, no cruzamento xunto á ponte sobre o Deva, tomar a estrada cara á Ponte do Cantiño. Seguindo a estrada antiga a Pontedeva alcánzase A Ponte Ballote.


PUNTO PARTIDA/CHEGADA
Punto de chegada: A Ponte Ballote (Concello de Pontedeva).
Punto de partida: A Ponte Ballote (Concello de Pontedeva).


PERCORRIDO/PUNTOS DE INTERESE
A Ponte Ballote, A Ponte do Cantiño, A Ponte Trado, Trado, área de autocaravanas O Valiño, mirador, ermita de San Xusto, Trado Pequeno, A Ponte Ballote.


DIFICULTADE
Baixa


SERVIZOS
En Trado e, fora da ruta, en Aldea de Deva.


SINALIZACIÓN
Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM e da FEDME. Existen varios paneis de información, en concreto no inicio da ruta e na confluencia coa ruta PR-G 176. Marcas de pintura realizadas en 2014.


RECOMENDACIÓNS
Atención: a ruta non é practicable en bicicleta nin a cabalo en todo o percorrido.


ANO HOMOLOGACIÓN
2014


MAÍS INFORMACIÓN
Conexión co PR-G 176.
Concello de Pontedeva
Telf.: 988 495 005
http://www.pontedeva.es/


DATOS DESCARGA LIBRE