PR-G 176 – RUTA DO RÍO DEVA
Este roteiro circular pódese iniciar na Ponte Ballote, onde conecta co PR-G 175 ou na área recreativa de Freáns, a beira do río Deva. É aconsellable este último emprazamento xa que está mellor comunicado.
Desde Freáns, área habilitada con mesas, asadores e xogos infantís, a senda discorre xunto ás dúas beiras do río Deva. As augas deste río, que baixan ata desaugar no Miño, poderemos atravesalas en tres puntos deste sinxelo roteiro: en Ponche Deva, en Entrerríos ou na Ponte Ballote.
O trazado de suave pendente discorre tranquilamente por sendas de pescadores, permitindo gozar da visión de antigas obras hidráulicas tradicionais, outrora moi importantes, como son os muros de contención, canles e muíños.
O frescor da contorna do bosque de ribeira, sempre en sombra e con árbores predominantemente caducifolios como pradairos, carballos, castiñeiros, salgueiros e bidueiros, así como unha frondosa vexetación arbustiva e herbácea, fan que este carreiro sexa un verdadeiro pracer para os sentidos.
SITUACIÓN
Concello de Pontedeva (Ourense)
LONXITUDE/DURACIÓN
7 km / 2 horas e 20 min.
ACCESOS
Desde a estrada OU-410 de Cortegada a Ponte Barxas, no cruzamento xunto á ponte sobre o Deva, tomar a estrada cara a Aldea de Deva (capital do concello). Dirixirse cara á casa do concello e logo descender pola estrada a Freáns ata a ponte sobre o río Deva.
PUNTO PARTIDA/CHEGADA
Punto de chegada: A Ponte Deva (Concello de Pontedeva).
Punto de partida: A Ponte Deva (Concello de Pontedeva).
PERCORRIDO/PUNTOS DE INTERESE
A Ponte Deva, Entrerríos, área recreativa de Freáns, A Ponte Ballote, A Ponte Deva.
DIFICULTADE
Baixa
SERVIZOS
En Aldea de Deva e, fóra de ruta, en Trado.
SINALIZACIÓN
Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM e da FEDME. Existen varios paneis de información, en concreto no inicio da ruta e na confluencia coa ruta PR-G 175. Marcas de pintura realizadas en 2014.
RECOMENDACIÓNS
Atención: a ruta non é practicable en bicicleta nin a cabalo en todo o percorrido.
ANO HOMOLOGACIÓN
2014
MAÍS INFORMACIÓN
Conexión co PR-G 175.
Concello de Pontedeva
Telf.: 988 495 005
http://www.pontedeva.es/
DATOS DESCARGA LIBRE