PR-G 200 RUTA DAS LAGOAS GLACIARES DA SERPE E DE OCELO

PR-G 200 – RUTA DAS LAGOAS GLACIARES DA SERPE E DE OCELO
Sendeiro de montaña

Ano Homologación: 2016
Punto de partida/chegada: A Ponte (Concello da Veiga).
Lugar: Concello da Veiga (Ourense)
Servizos: en Vilanova e na Veiga.
Accesos: Dende a Rúa ou dende a Gudiña pola OU-533 ata o Alto do Covelo. Desviarse en dirección á Veiga, proseguir ata Xares e continuar ata A Ponte.
Puntos de interese: A Ponte, Lagoa de Ocelo, Lagoa da Serpe, O Fial.
Máis información: Concello da Veiga.
Telf.: 988 35 00 00
www.aveiga.gal
Web turismo Concello da Veiga
www.aveiga.gal
IMPORTANTE: Atención: sendeiro de montaña
Mida ben as súas forzas e calcule o tempo necesario para regresar con seguridade.
Web da Comisión Europea: politica de desarrollo rural e FEADER


RECOMENDACIÓNS PARA A RUTA

  • IMPORTANTE: Sendeiro de montaña. Preste moita atención e non se confíe. A ruta está a cotas superiores a 1000 metros e a climatoloxía pode mudar facilmente. Mida ben as súas forzas e calcule o tempo necesario para regresar.

  • É conveniente ir sempre en grupo.

  • Leve de volta tódolos seus refugallos e deposíteos sempre en contedores de recollida selectiva nas poboacións e vilas próximas.

  • Se atopa un valado ou un pechado para animais, por favor, déixeo aberto ou pechado tal como o atopou.

  • Sega os camiños sinalizados evitando pisar noutros sitios ou erosionar outros terreos co seu paso.

  • A natureza ten os seus perigos: por favor utilice o sentido común e sexa precavido.

CONSELLOS NA NATUREZA

  • Non atrape nin moleste aos animais, nin arrinque plantas, pois pode poñer en perigo especies únicas ameazadas así coma outras especies que dependan delas.

  • Non introduza ou estenda especies foráneas ou exóticas: poden ser moi prexudiciais para a contorna e para as especies autóctonas.

  • Evite facer ruído para non espantar aos animais ou molestar a outros visitantes. Se leva mascotas procure que non molesten a outros visitantes, aos animais salvaxes nin ao gando.

  • O lume destrúe moitos anos de vida e de paisaxe. Non prenda lume nin tire cabichas. Procure levar comida fría ou xa preparada.

  • Cando xere lixo, por favor léveo con vostede ata unha zona de recollida selectiva.

  • Non acampe por libre. Utilice os lugares apropiados para acampar.

  • Non acceda con vehículos fóra das estradas e pistas habilitadas para a circulación.

  • Aparque só nas zonas autorizadas e procure non estorbar o paso doutros vehículos.

  • A colaboración de todos é imprescindible para a conservación deste espazo. Goce da natureza con moito respecto e volva a descubrir esta contorna noutras épocas do ano.

DATOS DESCARGA LIBRE

 

A Ponte é inicio e final deste sendeiro de montaña de trazado circular. A aldea, de pasado gandeiro, ten a súa estrutura concentrada en estreitas rúas e construcións de pedra con cuberta de lousado. Nas fachadas dalgunhas casas sobresaen os fornos onde os seu veciños antigamente facían o seu propio pan.

A senda bifúrcase no lavadoiro e permite ascender, á dereita, cara á Lagoa de Ocelo ou de fronte polas abas do Fial ata chegar á Lagoa da Serpe. Entre ambas lagoas a ruta comparte o seu percorrido co PR-G 201. A Lagoa da Serpe é de orixe glaciario; caracterízase por ser permanente e pola sorprendente situación de a cabalo da divisoria de dous vales. As vistas e a súa localización son os motivos de que sexa un lugar mítico, onde unha “fermosa doncela habita baixo as súas augas convertida en monstruosa serpe agardando que a ceiben do seu terrible feitizo”.