PR-G 94 – RUTA DOS MUÍÑOS DO FOLÓN E DO PICÓN
Ano Homologación: | 2007 |
Punto de partida/chegada: | A Ponte das Penas – Martín (Concello do Rosal). |
Lugar: | Concello do Rosal (Pontevedra) |
Servizos: | En todo o Concello. |
Accesos: | Dende o Concello, na praza do Calvario do Rosal, hai que seguir os sinais que indican o sendeiro e que pasan pola aldea de Martín. |
Puntos de interese: | A Ponte das Penas e área recreativa e información, os muíños do Folón e os muíños do Picón. |
Máis información: | Concello do Rosal. Telf.: 986 625 000 https://orosal.gal/ |
DATOS DESCARGA LIBRE
Esta ruta percorre os muíños declarados “Ben de Interese Cultural” que cobren as ladeiras do “Campo do Couto”, entre os lugares de Martín e Picón, na Parroquia do Rosal.
Ademais de gozar das paisaxes e da natureza, camiñaremos entre o gran conxunto de muíños. Estas construcións foron moi importantes para a economía rural de antano e son un rico patrimonio cultural e arquitectónico herdado dos nosos devanceiros, digno da súa boa conservación.
CONSELLOS NA NATUREZA
-
Non atrape nin moleste aos animais, nin arrinque plantas, pois pode poñer en perigo especies únicas ameazadas así coma outras especies que dependan delas.
-
Non introduza ou estenda especies foráneas ou exóticas: poden ser moi prexudiciais para a contorna e para as especies autóctonas.
-
Evite facer ruído para non espantar aos animais ou molestar a outros visitantes. Se leva mascotas procure que non molesten a outros visitantes, aos animais salvaxes nin ao gando.
-
O lume destrúe moitos anos de vida e de paisaxe. Non prenda lume nin tire cabichas. Procure levar comida fría ou xa preparada.
-
Cando xere lixo, por favor léveo con vostede ata unha zona de recollida selectiva.
-
Non acampe por libre. Utilice os lugares apropiados para acampar.
-
Non acceda con vehículos fóra das estradas e pistas habilitadas para a circulación.
-
Aparque só nas zonas autorizadas e procure non estorbar o paso doutros vehículos.
-
A colaboración de todos é imprescindible para a conservación deste espazo. Goce da natureza con moito respecto e volva a descubrir esta contorna noutras épocas do ano.