PR-G 112 – SENDEIRO DE PESCADORES RÍO MIÑO – TAMUXE
Ano Homologación: 2009
Punto de partida/chegada: Praia das Eiras / Muíño das Aceñas (Concello do Rosal).
Servizos: En todo o Concello.
Accesos: Pola C-550 Tui – A Guarda.
Puntos de interese: Praia das Eiras, Área recreativa das Eiras, Beirado río Miño, Rego de San Miguel, A Ponte de Tamuxe, Área recreactiva dePorto Vello, Río Tamuxe e Muíño das Aceñas.
Máis información: Concello do Rosal.
Telf.: 986 625 000
https://orosal.gal/
DATOS DESCARGA LIBRE
CONSELLOS NA NATUREZA
-
Non atrape nin moleste aos animais, nin arrinque plantas, pois pode poñer en perigo especies únicas ameazadas así coma outras especies que dependan delas.
-
Non introduza ou estenda especies foráneas ou exóticas: poden ser moi prexudiciais para a contorna e para as especies autóctonas.
-
Evite facer ruído para non espantar aos animais ou molestar a outros visitantes. Se leva mascotas procure que non molesten a outros visitantes, aos animais salvaxes nin ao gando.
-
O lume destrúe moitos anos de vida e de paisaxe. Non prenda lume nin tire cabichas. Procure levar comida fría ou xa preparada.
-
Cando xere lixo, por favor léveo con vostede ata unha zona de recollida selectiva.
-
Non acampe por libre. Utilice os lugares apropiados para acampar.
-
Non acceda con vehículos fóra das estradas e pistas habilitadas para a circulación.
-
Aparque só nas zonas autorizadas e procure non estorbar o paso doutros vehículos.
-
A colaboración de todos é imprescindible para a conservación deste espazo. Goce da natureza con moito respecto e volva a descubrir esta contorna noutras épocas do ano.