PR-G 123 – SENDA PEONIL DA PONTE DO RAMO
A primeira parte transcorre polas beiras do río Umia: na Ponte do Ramo. Camiñamos por un estreito sendeiro entre unha exuberante fraga ata chegar ós Muíños Grande e Pequeno da Puntalta. Proseguimos ata o restaurado Muíño de Portavezal.
A partir dos Muíños de Abaixo e de Arriba do Verdugo, o sendeiro afástase do río Umia e condúcenos ata o Alto de Portela, onde cumprirá estar atentos para non nos confundir cos sinais aínda existentes do antigo PR-G 20.
Baixamos por unha antiga vía romana que unía a localidade portuguesa de Arcos de Valdevez con Cuntis e, entre grandes carballos, chegamos á fonte de Conles. Dende esta pequena aldea, ascendemos ao monte do Rañadoiro, onde veremos o xacemento arqueolóxico dos petróglifos de Cequeril.
En Outeiro dos Campiños pódense observar estas representacións gráficas gravadas nas penas onde destaca a coñecida como A Laxe dos Homes, con figuras antropomorfas.
Deixamos atrás Cequeril, onde se pode visitar a súa igrexa, e a partir de aquí, coincidindo co sendeiro de longo percorrido GR 94, volvemos ó noso punto de partida en Ponte do Ramo.
SITUACIÓN
Vilar de Mato – Cuntis (Pontevedra)
LONXITUDE/DURACIÓN
6’5 km / 2 horas e 40 min.
ACCESOS
Dende a localidade de Cuntis pola a estrada PO-8402 en dirección a Cequeril. Logo de 6,5 km aproximadamente, chegar á Ponte do Ramo onde xa hai sinais indicativos da ruta.
PUNTO PARTIDA/CHEGADA
Punto de chegada: A Ponte do Ramo.
Punto de partida: A Ponte do Ramo.
PERCORRIDO/PUNTOS DE INTERESE
Ponte do Ramo, beira do Umia, Vilar de Mato, Regato do Foxo, Petróglifos de Cequeril, Ponte do Ramo.
DIFICULTADE
Baixa
SERVIZOS
Na vila de Cuntis.
SINALIZACIÓN
Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM e da FEDME. Existen varios paneis de información, en concreto no inicio da ruta. Marcas de pintura realizadas en 2009.
RECOMENDACIÓNS
Revisar en Wikiloc as visitas máis recentes para coñecer a súa situación de mantemento.
DATOS DE INTERESE
Na Ponte do Ramo levábase a cabo, antigamente, a cerimonia do bautismo prenatal. Para este bautismo as mulleres preñadas agardaban á media noite o paso dalgún transeúnte que se había converter en padriño ou madriña do meniño que esperaban.
ANO HOMOLOGACIÓN
2009
MÁIS INFORMACIÓN
Enlace co PR-G 20 e GR 94.
Asociación O Portavezal. Tel.: 986 610 000
Concello de Cuntis. Tel.: 986 532 424
info@concellodecuntis.es
www.turismodecuntis.gal
www.concellodecuntis.org
DATOS DESCARGA LIBRE