Mantemento do PR-G 112 Senda de Pescadores río Miño – Tamuxe

Neste sendeiro do Concello do Rosal, realizamos traballos de mantemento dos paneis e postes da ruta, así coma da pintura do sendeiro. Unha contorna utilizada diariamente por moitos veciños e visitantes polo seu atractivo naturalista, paisaxístico e pola facilidade do seu trazado.

A máis de poñer en valor o PR-G 112 Senda de Pescadores do Río Miño Tamuxe, recuperamos a sinalización e información ambiental coa incorporación de dúas decenas de minicarteis informativos da flora e fauna da contorna.