Incorporamos aplicación para orzamentos

Co fin de orientar ós nosos clientes, incorporamos unha aplicación para facer estimacións dos custes de crear unha ruta homologada.

Consideren que os resultados son aproximados, xa que as características de cada ruta non poden ser contempladas nun simple formulario.

Para calquera dúbida, contacten con nós nos nosos enderezos electrónicos.

Acceder a orzamentos aquí.

Febreiro2020 – Reducimos o horario pero seguimos atendéndote.

Como sabedes, vivimos nunha crise sanitaria que xera situacións complicadas para todos.

O novo andazo deste pasado Nadal está a deixarnos situacións máis comprometidas que antes. A posibilidade de contacto con persoas enfermas é máis real que nunca e todos, pero especialmente os que temos rapaces en idade escolar ou traballos máis abertos, temos máis opcións para recibir un contacto indirecto.

En SEGATUR tivemos que adoptar medidas para evitar que a enfermidade poida estenderse e obrigarnos a pechar. Polo tanto, ante un confinamento preventivo familiar, debemos reorientar os nosos traballos e reducir os horarios de atención aos clientes.

Así, vémonos na obriga de termos que baixar o ritmo ata que a situación se estabilice e o provisional confinamento preventivo certifique que puidemos acoutar os riscos inmediatos, o que significa que temporalmente tardaremos algo máis do habitual na entrega dos nosos servizos e produtos.

Pero seguimos traballando para ofrecerte seguridade e servizos profesionais, con toda a experiencia no noso mercado.

Tes preguntas? Estamos aquí para resolvelas.

Chámanos aos teléfonos 654165730 ou 886117011, ou escríbenos a info@segatur.com. Responderemos inmediatamente.
Grazas por confiar en SEGATUR.

Agora só nos queda pedirte que te coides para coidarnos a todos.

Una gran aperta
Henrique Freixeiro

Nova dotación na Ruta do Apego

Unha ruta accesible, pensada para pais e nais con cativos, que se pode facer co carriño, que ten ligazóns con QR para descubrir moitos vídeos,… unha gozada nun lugar ideal: Pontevea.

Área de Autocaravanas do Xirimbao


Colocado o panel informativo da nova área de autocaravanas do Xirimbao, un lugar reconfortante e de feraz vexetación. O río Ulla e a pasarela Mariola son un auténtico espectáculo digno de ver.
Un lugar encantador.

Ruta Saudable Teo

A ruta saudable de Teo está deseñada para facer un percorrido circular que parte de Francos. Unha ruta pensada para gozar mentres adestramos o corpo.

En Francos coincide co Camiño de Santiago portugués.

Inaugurado Centro de Interpretación Trevinca

APonteNa aldea da Ponte (A Veiga) foi inaugurado o 13/05/2017 o Centro de recepción de visitantes no que foi a Casa-Escola. Información variada sobre fauna, flora e percorridos montañeiros, complementada con rutas sendeiristas de montaña.
Unha aposta do Concello da Veiga a prol do Turismo de Natureza.

Nova web SEGATUR.es

Dámos un novo paso nas comunicacións da empresa:
iniciamos unha nova web con páxinas máis seguras (https://), baixo o novo dominio segatur.es e cun formato máis activo.
Pretendemos achegarnos máis ó público en xeral e ós nosos clientes.