PR-G 271 Ruta da Santa Compaña

Concellos de Vilamartín e do Barco (de Valdeorras).

Ruta da Santa Compaña.

Seguindo uns camiños tradicionais, imos percorrer un territorio dacabalo dos Concellos de Vilamartín e do Barco de Valdeorras. Un percorrido con fermosísimas vistas e que contén elementos patrimoniais de gran importancia.

A ruta toma o seu nome da Santa Compaña, seguindo a liña de lendas que inauguramos coa Loba da Fada.

O trazado principal discorre dende Arnado, coa súa illada igrexa de San Clemente e co Castelo de Torre Penelas. Achégase ata Correxais, con magníficas vistas do val do Sil e a importante igrexa de San Pedro de Correxais e restos do Convento dos Trinitarios. Logo a senda achégase ata a aldea de Fervenza, coa súa capela, forno e lavadoiro. Descendendo polo val do río de Fervenza achamos a Pincheira de Portomao, e tras gozar dunha paisaxe de viñedos volveremos ata o punto de saída.

Tendes máis datos neste enlace:
https://segatur.es/sendeiros/ourense/prg271/