Febreiro2020 – Reducimos o horario pero seguimos atendéndote.

Como sabedes, vivimos nunha crise sanitaria que xera situacións complicadas para todos.

O novo andazo deste pasado Nadal está a deixarnos situacións máis comprometidas que antes. A posibilidade de contacto con persoas enfermas é máis real que nunca e todos, pero especialmente os que temos rapaces en idade escolar ou traballos máis abertos, temos máis opcións para recibir un contacto indirecto.

En SEGATUR tivemos que adoptar medidas para evitar que a enfermidade poida estenderse e obrigarnos a pechar. Polo tanto, ante un confinamento preventivo familiar, debemos reorientar os nosos traballos e reducir os horarios de atención aos clientes.

Así, vémonos na obriga de termos que baixar o ritmo ata que a situación se estabilice e o provisional confinamento preventivo certifique que puidemos acoutar os riscos inmediatos, o que significa que temporalmente tardaremos algo máis do habitual na entrega dos nosos servizos e produtos.

Pero seguimos traballando para ofrecerte seguridade e servizos profesionais, con toda a experiencia no noso mercado.

Tes preguntas? Estamos aquí para resolvelas.

Chámanos aos teléfonos 654165730 ou 886117011, ou escríbenos a info@segatur.com. Responderemos inmediatamente.
Grazas por confiar en SEGATUR.

Agora só nos queda pedirte que te coides para coidarnos a todos.

Una gran aperta
Henrique Freixeiro

Nova dotación na Ruta do Apego

Unha ruta accesible, pensada para pais e nais con cativos, que se pode facer co carriño, que ten ligazóns con QR para descubrir moitos vídeos,… unha gozada nun lugar ideal: Pontevea.

Área de Autocaravanas do Xirimbao


Colocado o panel informativo da nova área de autocaravanas do Xirimbao, un lugar reconfortante e de feraz vexetación. O río Ulla e a pasarela Mariola son un auténtico espectáculo digno de ver.
Un lugar encantador.

Ruta Saudable Teo

A ruta saudable de Teo está deseñada para facer un percorrido circular que parte de Francos. Unha ruta pensada para gozar mentres adestramos o corpo.

En Francos coincide co Camiño de Santiago portugués.

Inaugurado Centro de Interpretación Trevinca

APonteNa aldea da Ponte (A Veiga) foi inaugurado o 13/05/2017 o Centro de recepción de visitantes no que foi a Casa-Escola. Información variada sobre fauna, flora e percorridos montañeiros, complementada con rutas sendeiristas de montaña.
Unha aposta do Concello da Veiga a prol do Turismo de Natureza.

Nova web SEGATUR.es

Dámos un novo paso nas comunicacións da empresa:
iniciamos unha nova web con páxinas máis seguras (https://), baixo o novo dominio segatur.es e cun formato máis activo.
Pretendemos achegarnos máis ó público en xeral e ós nosos clientes.