SEGATUR realizou esta semana algúns traballos de revisión en varias das rutas do Concello da Veiga.
Lamentablemente atopamos algún sinal estragado e outros, como o da imaxe, que fora «vandalizado». Coma a reparación podía facerse in situ, con materiais de limpeza especiais procedimos a borrar a «pintada».
Nas imaxes pódense ver o sinal antes e despois da limpeza. Recomendamos que os sinais laminados de alta densidade, como o da foto, sexan tratados con produtos adecuados.


Colocados no Concello da Veiga uns sinais urbanos con información dos accesos para as rutas de sendeirismo homologadas.
Na aldea da Ponte (A Veiga) foi inaugurado o 13/05/2017 o Centro de recepción de visitantes no que foi a Casa-Escola. Información variada sobre fauna, flora e percorridos montañeiros, complementada con rutas sendeiristas de montaña.